Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024

Exposición collage e fotografía

  O alumnado de 1º curso de Educación Infantil do módulo o xogo infantil e a súa metodoloxía estivo a traballar baixo a coordinación do profesor Jorge D. Laranjo sobre fotografía e collage. Podedes ver os resultados na exposición que montaron na nosa biblioteca.

Encontro con Soledad Felloza

  Encontro con Sole Felloza, actriz, fotógrafa, investigadora, narradora e apoixoada da cultura oral galega. Presentounos historias de mulleres, galegas e uruguaias, valentes e rompedoras, que marcaron a súa vida. Foi todo un pracer contar coa súa presenza no noso centro. Actividade coordinada pola comisión de igualdade do CIFP Compostela

Narración oral: Vicio houbo sempre

  Divertida e fresca proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade...  A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas onde as mulleres foron contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas. A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas! Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta. Actividade ccordinada pola comision de igualdade do CIFP Compostela