Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta biblioteca

Proposta expansiva para as Letras Galegas

      

XIII edición da Mostra do Entroido

Celebramos a  XIII edición da Mostra do Entroido Galego  que cada ano dedicamos a un dos entroidos galegos e que pretende dar a coñecer entre a comunidade educativa formada polos centros participantes (CEIP Lamas de Abade, CEIP Apóstolo Santiago, CEIP Pérez Viondi, EI A Raiola, Colexio ASPANAES, IES Lamas de Abade e CIFP Compostela) as diferentes manifestacións dos entroidos galegos. A Mostra, que este ano dedicamos aos  Galos da Mezquita (A Merca - Ourense ) e a posterior ronda en comparsa polos centros de ensino, foi o venres día 6 de febreiro. Participamos: Facendo parte da Cofraría do Sr. Abade, a modo de cofrades e membros da procesión da Purísima Calidade. Como Galos da Mezquita. Cada quen co seu propio traxe. Contamos un curso máis con "Abadiño Son", grupo de música tradicional.

Club de lectura do profesorado do mes de febreiro

  O corpo de Cristo de Bea Lema no club de lectura do profesorado do mes de febreiro.

XX campaña de animación á lectura: Ler para crecer

  O día 14 de xaneiro, participamos na sesión formativa para docente da XX campaña de animación á lectura na sede de Afundación. Entre o material base atopamos os sete últimos álbums gañadores do Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrado, que convoca o Departamento de Educación xunto coa editorial Kalandraka Galicia. Agradecemos ó Departamento de Educación do Concello de Santiago o convite á sesión formativa e os intereseantes materiais facilitados para traballar desde as aulas e a biblioteca escolar.

Nova sección: Materiais autografados

  Descubre a nova sección na parte exterior da biblioteca

Prensa escrita na biblioteca

  Durante todo o curso escolar, os mércores,  os grupos da FP Básica da profesora Olga Amigo están a ler e  traballar con prensa en papel. Para refelexionar e aprender sobre alfabetización informacional, de cando en vez, toca comparar as diferentes novas na súa versión en dixital. 

Visita ó Salon do Libro Infantil e Xuvenil

 O día 6 de marzo, un grupo de alumnado da familia profesional de Servizos á Comunidade, realizou unha visita didáctica ó Salón do Libro Infantil e Xuvenil na cidade de Pontevedra. O grupo estivo acompañado por María José Vilar e Manuel Otero. Este ano o Salón está adicado á maxia e o país convidado é Cataluña. O alumnado participou nos contacontos, obradoiros e visitas guiadas ó salón.

Encontro con Lola Varela: Feminismo de proximidade

 Feminismo de proximidade , unha selección de artigos, relatorios, investigacións e proxectos publicados en diversos medios, cun claro fío condutor: a muller e a súa condición. A proposta recolle feitos actuais, repasa aspectos históricos, reivindica accións positivas, fai visibles situacións. Ler este libro é unha viaxe por Pontevedra, Compostela, Madrid, Alacant, Cerdedo ou Alhucemas (Marrocos). Así, en   As cidades e o xénero   descúbrenos o androcentrismo arquitectónico que leva a deseñar as cidades en función do estereotipo masculino. En  Mulleres e represión na Terra de Montes , fai visible os trazos de xénero da represión franquista sobre as mulleres desa bisbarra. En  Mulleres no rural  ou en   As montañas do Rif en feminino  trasládanos a vida das mulleres que, malia vivir a miles de quilómetros, teñen eivas similares... Estas páxinas tamén amosan a faceta docente de Lola: dunha banda, como profesora de literatura, achéganos en Unha mulle...

Día de Rosalía 2024

 Día de Rosalía con Paula Carballeira, premio de Literatura Dramática no CIFP Compostela Comezamos a xornada na biblioteca con un encontro coa autora, dirixido ó alumnado e profesorado dos clubs de lectura arredor da peza teatral As Alumnas . A continuación, nun salón de actos ateigado, alumnado de diferentes familias profesionais asistiu á sesión de contacontos " Os contos que me contan" Ó remate da contada, a autora impartiu un miniobradoiro específico para o alumnado do ciclo de educación infantil sobre a didáctica nos contos tradicionais. Na cociña, profesorado e alumnado do ciclo superior de dirección de cociña, estaban a preparar o tradiconal caldo de groria. Alumnado da FP básica de cociña ocupouse do servizo do caldo dun xeito moi profesional. E non faltou a poesía de Rosalía de Castro Alumnado da materia de organización de eventos de segundo curso de Xestión de aloxamentos turísticos foi responsable do bo desenvolvemento da xornada Desde a Biblioteca e o EDLG queremo...

Boni Ofogo: Da oralidade á escrita

 Temos de novo a Boniface Ofogo na biblioteca do CIFP Compostela, un dos narradores preferidos do alumnado de Educación Infantil do noso centro. A través dos seus libros Boni falou:   Da oralidade á escrita: A importancia do álbum ilustrado. O alumnado do ciclo de Educación Infantil tivo a oportunidade de reflexionar e debatir sobre as diferencia culturais á hora de falar e presentar historias en formato álbum dependendo da temática. Boni recomedounos o visionado do vídeo En memoria  para sermos quen de abordar a temática da morte desde outra perspectiva

Uxía Barbeito gaña o concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos

  A alumna de 2º curso de Integración Social, Uxía Barbeito Morono, é a gañadora do concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos. O seu microrrelato, "Tres da mañá" acadou a máxima puntuación.  Tres da mañá Escoito gritos, axitación, choros. Levamos neste zulo 10 días, sin apenas nada. Nahid leva de parto 14 horas e eu, unha rapaza de 16 anos, son a única que ofreceu asistila. Non hai auga, non hai toallas, nn sei como facelo. Empezan a falar polo baixo, non creen que sobreviva. Ninguén axuda. Penso na nena que está por nacer, non merece nacer entre escombros, ao frío, sucia. Ninguén o merece. Egoísmo, eso é o que é a guerra. que será de Nahid? De min? De todas as que veñen? Podedes consultar aquí todos os microrrelatos participantes Desde o EDLG e a Biblioteca do CIFP Compostela enviamos os noso agradecemento a todo o alumnado que participou no concurso

Poesía para Palestina con Sara Ashour

  A biblioteca convidou à Fundaciòn Araguaney para a celebración das xornadas polo día da paz.  Proxectouse a curta Gaza, de Carles Bover Martínez e Julio Pérez del Campo nominada òs premios Goya 2024. Rematamos con lectura de poemas multilingüe en àrabe, francés, galego e inglés por parte do alumnado dos clubs de lectura. Gaza Sara Ashour falou da situación actual na franxa de Gaza e en Cisxordania despois de introducir o contexto històrico. Grazas pola túa xenerosa intervención. Rematamos con lectura de poemas multilingüe en àrabe, francés, galego e inglés por parte do alumnado dos clubs de lectura. Ismael sorprendeunos recitando un par de poemas do poeta de referencia palestino Mahmood Darwish . Jesús e Rosana leron poemas en inglés de Refaat Alareer If I must die de Refaat Alareer If I must die,/ you must live/ to tell my story/ to sell my things,/ to buy a piece of cloth/ and some strings,/ (make it white with a long tail)/ so that a child, somewhere in Gaza/ while lookin...

Xornadas pola Paz no CIFP Compostela

  Lectura de poemas multilingüe por parte do alumnado do club de lectura Caldo de groria e encontro con Sara Ashour. Palestra do MPDL (Movemento pola Paz) sobre a situación actual en Palestina