Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Kalandraka

Visita guiada á exposición Ler para crecer

  O día O día 10 de febreiro profesorado do equipo da biblioteca asistiu á visita guiada para mediadoras de lectura da campaña ' Ler para crecer' impulsada pola Concellaría de Educación do Concello de Santiago de Compostela  da man da editorial Kalandraka. Agradecer o convite ao alumnado de 1⁰ de Educación Infantil do CIFP Compostela en igualdade xunto co profesorado mediador, toda unha experiencia para coñecer a proposta dirixida ao público infantil e as súas familias a través dos álbumes ilustrados que artellan a exposición, narrados e musicados por Paco Nogueiras. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer a Casa do Pozo, sede de Afundación. Unha experiencia moi enriquecedora.

XX campaña de animación á lectura: Ler para crecer

  O día 14 de xaneiro, participamos na sesión formativa para docente da XX campaña de animación á lectura na sede de Afundación. Entre o material base atopamos os sete últimos álbums gañadores do Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrado, que convoca o Departamento de Educación xunto coa editorial Kalandraka Galicia. Agradecemos ó Departamento de Educación do Concello de Santiago o convite á sesión formativa e os intereseantes materiais facilitados para traballar desde as aulas e a biblioteca escolar.

Encontro con María Girón

                                                             O día 6 de novembro tivemos un encontro coa autora e islustradora gañadora do XVII Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados. María partillou con nós todo o proceso creativo detrás de Bim Bam Bum, axudada po unha banda sonora e destacou a importancia dos xogos fonéticos e visuais. Decisión xurado XVII Premio Internacional Compostela                                                             

XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados: A visita

Alumnado do ciclo superior de educación infantil e da FP básica  de artes gráficas tiveron hoxe a sorte de poder compartir impresións coas gañadoras do XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.  PREMIADAS: Núria Figueras, Anna Font (Cataluña). OBRA PREMIADA: A visita. VEREDITO DO XURADO: “A visita” é un álbum ilustrado perfectamente construído que nos achega a un concepto tan abstracto como é o silencio. Nunha sociedade como a actual, saturada de ruído, de contaminación sonora, a reivindicación de momentos de silencio e de soidade é cada vez máis necesaria. O texto de Núria Figueras, de gran calidade literaria, preséntanos a visita do silencio - personificado- á casa onde vive un pequeno raposo. A narración, áxil e tenra, logra que o lector ou lectora se reencontre coa súa propia esencia. O rexistro gráfico de Anna Font é dun cromatismo desbordante e cheo de matices. O silencio móstrase cunha síntese efectiva, plena de expresividade. A ilustradora domina á pe...