Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta voluntariadonaBE

Selo Biblioteca escolar solidaria

 Por terceiro curso escolar consecutivo, a biblioteca do CIFP Compostela obtén o selo de Biblioteca escolar solidaria, distinción que recoñece as funcións da biblioteca como espazo dinámico e comprometido socialmente. Queremos felicitar a todo o equipo da biblioteca e especialmente, ao alumnado participante no programa de Voluntariado na biblioteca escolar por todo o traballo realizado. https://bibliotecas.edu.xunta.gal/programas-e-concursos/bibliotecas-escolares-solidarias

Contos que unen xeracións

  Contos que unen xeracións Taller interxeracional de literatura infantil, expresión oral e memoria compartida O alumnado de 1º do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Compostela, dentro do módulo de Expresión e Comunicación, desenvolveu unha proposta de traballo interxeracional en colaboración con persoas maiores de ATEGAL e alumnado en prácticas do Máster en Xerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade xurdiu cunha finalidade clara: realizar unha selección razoada de contos clásicos, populares e contemporáneos que poidan ser utilizados en Educación Infantil e no primeiro ciclo de Educación Primaria. Non se trataba unicamente de escoller contos bonitos ou coñecidos, senón de analizalos desde unha mirada pedagóxica, expresiva, emocional, cultural e interxeracional. Para iso, o alumnado preparou previamente un guión común de análise de contos. Neste guión recollíanse aspectos como o título, a autoría, os personaxes principais, o tema, a moraleja, as i...

Booktrailer: We Should All Be Feminists

  Presentamos o noso primeiro booktrailer, elaborado polo alumnado participante no Club de lectura feminista en lingua inglesa(Coffee Sessions) despois de recibir varias sesións de formación na biblioteca, impartidas pola lectora Talia Snyder We Should All Be Feminists by Chimamamnda Ngozi Adichie 

A maxia da lectura

                                            Con motivo da Semana do Libro, o alumnado de 1º de Educación Infantil do CIFP Compostela saíu da aula para compartir o que mellor sabe facer: contar historias. Realizaron obradoiros de contacontos nas escolas infantís de Raiola , Lamas de Abade , así como no centro de educación especial Duques de Lugo de Aspanaes , fortalecendo vínculos con centros veciños e levando a maxia da lectura a diferentes realidades educativas. Unha experiencia enriquecedora onde aprender tamén significa compartir .     Visita do equipo directivo de Aspanaes

Ciclo de curtas

  O día 24 de novembro comeza o ciclo de curtas co fin de ser unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero polo 25N, animámosvos a asistir a estas xornadas organizadas polo voluntariado  de 1 CS Integración Social"

GOYA-HELLBOY na Fundación Abanca

  O alumnado de 1⁰ do CB de Cociña e Restauración acudiu hoxe á sede da Fundación Abanca de Santiago de Compostela para unha visita guiada á exposición GOYA-HELLBOY. A mostra reflexiona sobre o universo fantástico de Goya, utilizando un dos monstros máis populares do cinema e o cómic do século XXI, Hellboy, da man do gran creador de monstros do cinema de Hollywood. Tamén asistiron a unha charla sobre a xestión do TDAH ao longo da vida con  María del Pilar de Castro Manglano, psiquiatra especializada en adolescentes.