Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta concurso

O pan de María

  O alumno Ángel Castro López, de 2º curso do CS de Integración Social, gaña o II Concurso de Microrrelatos Sobre os Conflitos Bélicos con O pan de María. Parabéns! O pan de María María escoitaba os disparos no monte, pero amasaba o pan coma sempre. Coas mans enfariñadas, miraba pola xanela. Aquel día non viñera Celestino. Nin onte. Nin antonte. Cando a porta se abriu, non foi el quen entrou. Era o seu irmán, coa mirada enxoita e o pano encarnado de seu home na man. Sen palabras, pousou un codelo de boroa enriba da mesa, parte do bolo que María lle fixera. María soubo que Celestino non volvería. Sentou, molla de suor e medo. O pan no forno queimábase. O seu corazón tamén. A guerra levárao todo, agás a fame.

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                                       BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2025. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Uxía Barbeito gaña o concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos

  A alumna de 2º curso de Integración Social, Uxía Barbeito Morono, é a gañadora do concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos. O seu microrrelato, "Tres da mañá" acadou a máxima puntuación.  Tres da mañá Escoito gritos, axitación, choros. Levamos neste zulo 10 días, sin apenas nada. Nahid leva de parto 14 horas e eu, unha rapaza de 16 anos, son a única que ofreceu asistila. Non hai auga, non hai toallas, nn sei como facelo. Empezan a falar polo baixo, non creen que sobreviva. Ninguén axuda. Penso na nena que está por nacer, non merece nacer entre escombros, ao frío, sucia. Ninguén o merece. Egoísmo, eso é o que é a guerra. que será de Nahid? De min? De todas as que veñen? Podedes consultar aquí todos os microrrelatos participantes Desde o EDLG e a Biblioteca do CIFP Compostela enviamos os noso agradecemento a todo o alumnado que participou no concurso

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Creepy Talking Faces

 Concurso PARTICIPANTES:  Pode participar todo o alumnado do CIFP Compostela que  teña asinado e entregado o documento de dereitos de imaxe. Por outra banda, deberá ter o carné da biblioteca do centro para poder participar. BASES: 1.Compoñer un microrelato en inglés (máximo 50 palabras) que xere terror, desacougo e/ou intranquilidade. 2.Pintarse a cara de forma arrepiante, segundo a temática de Halloween. 3. Gravar un vídeo curto (máximo 2 minutos) no photocall da biblioteca do CIFP Compostela, que estará dispoñible do 30 de outubro até o 7 de novembro de 2023. 4. Enviar o vídeo resultante ao correo caldodegroria@gmail.com con data límite 7 de novembro de2023. XURADO:  Valorarase a creatividade, tanto no deseño das caras como no microrelato. O xurado estará composto por profesorado do departamento de Idiomas e de Artes Gráficas. PREMIO:  Outorgarase un premio, que consiste nunha comida para dúas persoas no gastrobar do CIFP Compostela, para o vídeo gañador.

Xadrez na biblioteca

 Xa estamos de volta! A biblioteca abriu as súas portas! Comezamos con un novo reto semanal. Participa! Cada semana atoparás un novo problema a resolver xunto ós taboleiros de xadrez