Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ana Santiso

Nuria Vil presenta Delincuente

  Hoxe comezou a descarga de intervencións artísticas da VIII Festa das Letras Vivas no CIFP Compostela. Fixémolo coa proxección do vídeo-poema "Delincuente" de Nuria Vil  seguida dun interesantísimo coloquio coa escritora. Ademais asinou exemplares do seu poemario "Simún" que xa tedes á vosa disposición na biblioteca do centro e agasallounos cunha foto para o noso particular álbum do mural das nosas familias profesionais "En galego tratámonos ben" da artista Ana Santiso. Grazas mil, Nuria Vil!

O CIFP Compostela en viñetas

  A educación inclusiva debe procurar o máximo desenvolvemento persoal e a adquisición de coñecementos e habilidades para todo o alumnado , sen importar as súas diferenzas . O alumnado do programa de voluntariado da biblioteca, partindo dunha idea do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quixo visibilizar a importancia da educación inclusiva no CIFP Compostela e realizou diversas propostas para plasmar nun mural; deste xeito colaboramos tamén coa humanización dos espazos do centro escolar.   Ana Santiso , foi a artista elixida para plasmar no noso centro o producto final. Realizou un mural a modo de viñetas de cada unha das familias profesionais do CIFP Compostela: Hostalería e Turismo, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Artes Gráficas e Industrias Alimentarias. Estas son algunha imaxe do proceso, proximamente publicaremos as fotos do procesos final!