Saltar ao contido principal

Club de lectura Caldo de Groria

 

Información das actividades do club de lectura Caldo de Groria



Club de lectura do profesorado do mes de novembro 2024: Obra poética de Charo Lopes




Club de lectura do profesorado do mes de outubro 2024: Seique de Susana S. Aríns




Club de lectura do profesorado do mes de xuño: Silencio administrativo de Sara Mesa






Club de lectura do profesorado do mes de maio: Rosa de Gaëlle Geniller







Club de lectura do profesorado do mes de abril: Pisaremos las calles nuevamente de Vivian Lavín






Club de lectura Sopa de letras. Terceiro trimestre




Lecturas recomendadas polo alumnado do club de lectura de inglés





Club de lectura do profesorado do mes de marzo: Furia de María Reimóndez





Club de lectura do profesorado do mes de febreiro: El retrato de casada de Maggie   O´Farrel




 

 

Club de lectura do profesorado do mes de xaneiro: Azucre de Bibiana Candia





Club de lectura Sops de Letras. Segundo trimestre




Club de lectura do profesorado do mes de decembro: Encontro con Andrea Nunes




Club de lectura do profesorado do mes de novembro:
As alumnas de Paula Carballeira

 

                

 

Premio Nacional de Literatura Dramática 2023

Premio Follas Novas 2023 á mellor obra de teatro

Esta peza de teatro foi escrita a partir dunha proposta de Fran Rei como representante de Culturactiva. Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.


Club de lectura en inglés. Mes de novembro



Club de lectura do profesorado do mes de outubro: 

Avelaíñas eléctricas de Sica Romero

O estilo de Sica Romero é rápido, fluído, e encaixa perfectamente coas liñas editoriais ‘máis visuais’ e poéticas que podemos atopar actualmente no mercado do libro. Visual, porque mentres lemos a súa novela creamos esa imaxe na nosa cabeza; e poética, porque aínda que os versos non representen máis que unha vixésima parte da obra, resoan ó longo de toda a prosa. 

 

A obra trata con delicadeza e agarimo os distintos temas universais e ancestrais, como son: a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. Temas presentes tamén nos poemas de Rosalía de Castro que introducen cada un dos capítulos de Avelaíñas eléctricas. Polo tanto, a novela que publicamos pode empregarse como ferramenta pedagóxica e de reflexión para a propia lectora e/ou como ferramenta para iniciar debates en calquera ámbito social. 

 





Club de lectura Sopa de Letras. Primeiro trimestre

Sesións quincenais na biblioteca para comentar a novela de Torcuato Luca de Tena, Los renglones torcido de Dios 







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día de Rosalía 2024

 Día de Rosalía con Paula Carballeira, premio de Literatura Dramática no CIFP Compostela Comezamos a xornada na biblioteca con un encontro coa autora, dirixido ó alumnado e profesorado dos clubs de lectura arredor da peza teatral As Alumnas . A continuación, nun salón de actos ateigado, alumnado de diferentes familias profesionais asistiu á sesión de contacontos " Os contos que me contan" Ó remate da contada, a autora impartiu un miniobradoiro específico para o alumnado do ciclo de educación infantil sobre a didáctica nos contos tradicionais. Na cociña, profesorado e alumnado do ciclo superior de dirección de cociña, estaban a preparar o tradiconal caldo de groria. Alumnado da FP básica de cociña ocupouse do servizo do caldo dun xeito moi profesional. E non faltou a poesía de Rosalía de Castro Alumnado da materia de organización de eventos de segundo curso de Xestión de aloxamentos turísticos foi responsable do bo desenvolvemento da xornada Desde a Biblioteca e o EDLG queremo...