Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta letras galegas 2025

Obradoiro de baile tradicional con Mondra

  Hoxe o alumnado e profesorado dos Ciclos formativos dos Graos Básicos en Artes Gráficas, Cociña e restauración, Aloxamento e lavandaría, do Grao Medio en Impresión Gráfica e dos Graos Superiores en Educación infantil e Integración social participaron no “ Obradoiro de baile tradicional con músicas de onte e hoxe” que desenvolveu Mondra no CIFP Compostela. Esta actividade, organizada polo  @edlg_cifpcompostela  e  @caldodegroria  a través da Biblioteca Escolar Solidaria, pretende estimular entre o alumnado a vivencia da música e o baile tradicional galego neste ano das Letras Galegas 2025 dedicado ás nosas Cantareiras. Para quen quedase con ganas de máis, lembrarvos que proximamente empezarán os ensaios do grupo de música tradicional do CIFP Compostela. O “Abadiño Son” xúntase unha vez ao mes no salón de actos para ensaiar. Estade atentas e atentos a partir de novembro!

Narración oral: Vicio houbo sempre

  Divertida e fresca proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade...  A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas onde as mulleres foron contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas. A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas! Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta. Actividade ccordinada pola comision de igualdade do CIFP Compostela