Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta bibliografía

Inauguración Viva o Entroido Vivo! Lingua, festa e comunidade

  O grupo de 1º curso de XAT, asistiu á inauguración da exposición Viva o Entroido Vivo! Lingua, festa e comunidade no Museo do Pobo Galego, un proxecto elaborado polo CEIP Lamas de Abade, CEIP Apóstolo Santiago e CEIP Pérez Viondi, coa colaboración do CIFP Compostela, ASPANAES e a Escola Infantil Raiola. Un proxecto colectivo e continuado durante doce anos que recompila a diversidade do Entroido galego. Para saber máis das diferentes mostras, podedes consultar a  sección Entroido do Lamas do blog.

Actividades de animación á lectura para as familias

Trípticos elaborados por alumnado de 1º curso de Educación Infantil en colaboración coa biblioteca escolar O traballo plantexouse dentro das actividades de animación á lectura do módulo, para recoller nun triptico bibliografía para distribuir entre as familias de escolas infantiles sobre diferentes temáticas como a diversidade, o medo, o sono, e as nanas.