Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta álbum ilustrado

Encontro con Lucía Belarte e David Lorenzo

  Comezamos as actividades do Día do Libro 2026 con Lucía Belarte e David Lorenzo que presentaron o álbum ilustrado A Panadería, editado por Kalandraka. Un encontro para falar de tolerancia, diversidade e integración social. Tivemos a oportunidade de coñecer o proceso do álbum ilustrado  de creación e mesmo degustamos unhas riquísimas galletas elaboradas no noso obradoiro de panadaría.

Visita guiada á exposición Ler para crecer

  O día O día 10 de febreiro profesorado do equipo da biblioteca asistiu á visita guiada para mediadoras de lectura da campaña ' Ler para crecer' impulsada pola Concellaría de Educación do Concello de Santiago de Compostela  da man da editorial Kalandraka. Agradecer o convite ao alumnado de 1⁰ de Educación Infantil do CIFP Compostela en igualdade xunto co profesorado mediador, toda unha experiencia para coñecer a proposta dirixida ao público infantil e as súas familias a través dos álbumes ilustrados que artellan a exposición, narrados e musicados por Paco Nogueiras. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer a Casa do Pozo, sede de Afundación. Unha experiencia moi enriquecedora.

Encontro con Arianna Squilloni e Raquel Catalina

  O alumnado de 1º e 2º do ciclo superior de Educación Infantil, 1º e 2º de FP Básica e ciclo medio de Artes Gráficas, asistiron ó encontro coas autoras gañadoras do XVIII premio Compostela de álbum ilustrado. A obra gañadora foi Grande e pequena de Arianna Squilloni con ilustracións de Raquel Catalina. Queremos agradecer ó Concello de Compostela é á editorial Kalandraka por contar con nós un ano máis. Máis información: aquí

O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros

  Sara Iglesias do club de lectura de  Educación  Infantil  1 realizou unha presentación da obra da autora Rosalía Morlán, que a través do álbum ilustrado " O dragón Antòn e o sapo Rosendo viaxan ata os faros" fai un percorrido a través da poesía dos faros da costa galega.

Encontro con María Girón

                                                             O día 6 de novembro tivemos un encontro coa autora e islustradora gañadora do XVII Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados. María partillou con nós todo o proceso creativo detrás de Bim Bam Bum, axudada po unha banda sonora e destacou a importancia dos xogos fonéticos e visuais. Decisión xurado XVII Premio Internacional Compostela