Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta voluntariado biblioteca

Programa de voluntariado na BE curso 2026-2027

 

Torneo de xadrez

  O alumnado voluntario de biblioteca da FP Básica, convídavos a participar no torneo de xadrez, nos recreos, durante o mes de febreiro e marzo.

Día mundial da literatura infantil e xuvenil

  Alumnado do ciclo de educación infantil e voluntariado da biblioteca escolar están a artellar unha xornada de contacontos e teatro para reflexionar sobre a Alimentamentación saudábel. O día 2 de abril, Día mundial da Literatura Infantil e Xuvenil teremos un público de excepción, alumando do CEIP Lamas de Abade!

Mochilas viaxeiras

  Nova exposición na biblioteca durante o mes de febreiro. Mochilas viaxeiras . Unha proposta do alumnado do Ciclo Superior de Educaciónn Infantil e voluntariado da biblioteca.

O CIFP Compostela en viñetas

  A educación inclusiva debe procurar o máximo desenvolvemento persoal e a adquisición de coñecementos e habilidades para todo o alumnado , sen importar as súas diferenzas . O alumnado do programa de voluntariado da biblioteca, partindo dunha idea do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quixo visibilizar a importancia da educación inclusiva no CIFP Compostela e realizou diversas propostas para plasmar nun mural; deste xeito colaboramos tamén coa humanización dos espazos do centro escolar.   Ana Santiso , foi a artista elixida para plasmar no noso centro o producto final. Realizou un mural a modo de viñetas de cada unha das familias profesionais do CIFP Compostela: Hostalería e Turismo, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Artes Gráficas e Industrias Alimentarias. Estas son algunha imaxe do proceso, proximamente publicaremos as fotos do procesos final!

Boas vacacións e mellores lecturas

  Carmen Carreira e Alejandra Eiroa, alumnas de 2º de Xestión de Aloxamentos Turísticos e participantes no programa de voluntariado da biblioteca escolar do CIFP Compostela, desexan a toda a comunidade educativa Boas Festas e Mellores Lecturas!

Programa de voluntariado curso 2023 - 2024

  Anímate a participar. Contacta co equipo da biblioteca se tes algunha dúbida. Envía un correo electrónico a biblioteca.cifp.compostela@edu.xunta.gal indicando no asunto "voluntariado 23-24". Indica o teu nome completo, ciclo formativo e franxa con dispoñibilidade horaria. Grazas!