Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta microrrelatos

O pan de María

  O alumno Ángel Castro López, de 2º curso do CS de Integración Social, gaña o II Concurso de Microrrelatos Sobre os Conflitos Bélicos con O pan de María. Parabéns! O pan de María María escoitaba os disparos no monte, pero amasaba o pan coma sempre. Coas mans enfariñadas, miraba pola xanela. Aquel día non viñera Celestino. Nin onte. Nin antonte. Cando a porta se abriu, non foi el quen entrou. Era o seu irmán, coa mirada enxoita e o pano encarnado de seu home na man. Sen palabras, pousou un codelo de boroa enriba da mesa, parte do bolo que María lle fixera. María soubo que Celestino non volvería. Sentou, molla de suor e medo. O pan no forno queimábase. O seu corazón tamén. A guerra levárao todo, agás a fame.

Uxía Barbeito gaña o concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos

  A alumna de 2º curso de Integración Social, Uxía Barbeito Morono, é a gañadora do concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos. O seu microrrelato, "Tres da mañá" acadou a máxima puntuación.  Tres da mañá Escoito gritos, axitación, choros. Levamos neste zulo 10 días, sin apenas nada. Nahid leva de parto 14 horas e eu, unha rapaza de 16 anos, son a única que ofreceu asistila. Non hai auga, non hai toallas, nn sei como facelo. Empezan a falar polo baixo, non creen que sobreviva. Ninguén axuda. Penso na nena que está por nacer, non merece nacer entre escombros, ao frío, sucia. Ninguén o merece. Egoísmo, eso é o que é a guerra. que será de Nahid? De min? De todas as que veñen? Podedes consultar aquí todos os microrrelatos participantes Desde o EDLG e a Biblioteca do CIFP Compostela enviamos os noso agradecemento a todo o alumnado que participou no concurso