Con motivo da Semana do Libro, o alumnado de 1º de Educación Infantil do CIFP Compostela saíu da aula para compartir o que mellor sabe facer: contar historias. Realizaron obradoiros de contacontos nas escolas infantís de Raiola , Lamas de Abade , así como no centro de educación especial Duques de Lugo de Aspanaes , fortalecendo vínculos con centros veciños e levando a maxia da lectura a diferentes realidades educativas. Unha experiencia enriquecedora onde aprender tamén significa compartir . Visita do equipo directivo de Aspanaes