Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta igualdade

III Castañazo pola Igualdade

  Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Comisión de Igualdade do CIFP Compostela e a Coordinación de Biblioteca impulsamos unha nova edición  III Castañazo contra as violencias machistas , un magosto no que colaboran, diferentes grupos de alumnado e profesorado: de Aloxamento e Lavandaría, Integración Social, Educación Infantil... Desta volta, no marco dun programa máis amplo de actividades desenvolto pola Comisión de Igualdade durante esta semana reivindicativa do 25N, "Dia Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres". Desenvolverase onde o curso anterior, na entrada principal (se chove, nos soportais da cafetería), o  xoves 27 de novembro a partir das 13:00 horas.   Facilitarase, nos casos que sexa posible, o cambio da actividade lectiva para a participación no magosto, polo que os grupos participantes acudirán ao mesmo acompañados polo profesorado correspondente. Haberá, ademais de castañas, un posto da Biblioteca con fondos específic...

Ecos de Kim

    O xoves 27 de febreiro presentamos no centro unha exposición cedida polo IES Virxe do Mar de Noia. Son 18 obras plásticas baseadas na artista Christine Kim realizadas polo estudantado de 4º de ESO e asociadas cada unha delas a unha poesía dunha autora ou autor galego. Convidamos a toda a comunidade educativa a achegarse e disfrutar das mesmas. Estará no hall do edificio ata finais do mes de marzo. Grazas ao IES Virxe do Mar por compartir esta fermosa produción pictográfica e poética. Esta exposición complementase na biblioteca do CIFP Compostela onde podedes consultar todas as obras poéticas de referencia .    

11F

  11F: Día Mundial da Muller e da Nena na Ciencia. Non deixes de visitar a nosa biblioteca e consultar todas as recomendacións.

Club de lectura do profesorado do mes de xaneiro

  Club de lectura do profesorado do mes de xaneiro para comentar Fried Green Tomates At The Whisle Stop Café/ Tomates verdes fritos da autora Fannie Flag 🍏🍏🍏 e viaxar até o estado de Alabama nos EE.UU.

Encontro con Soledad Felloza

  Encontro con Sole Felloza, actriz, fotógrafa, investigadora, narradora e apoixoada da cultura oral galega. Presentounos historias de mulleres, galegas e uruguaias, valentes e rompedoras, que marcaron a súa vida. Foi todo un pracer contar coa súa presenza no noso centro. Actividade coordinada pola comisión de igualdade do CIFP Compostela

Narración oral: Vicio houbo sempre

  Divertida e fresca proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade...  A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas onde as mulleres foron contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas. A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas! Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta. Actividade ccordinada pola comision de igualdade do CIFP Compostela

Exposición ¨Nós somos elas " no CIFP Compostela

  A mostra "Nós somos Elas", da área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda, quere poñer o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polo histórico fotógrafo de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes. Mulleres acompañadas dos seus fillos e fillas son os conxuntos máis repetidos nos 24 retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal, concretamente de José Mª Vidal, da colección permanente do Museo de Mar de Laxe. Son pezas do pasado e do presente que constrúen un relato diferente, inclusivo, que trae ás mulleres a ocupar o seu lugar na historia, a facelas protagonistas e visibilizalas". O arquivo está composto por máis de 67.000 imaxes, realizadas dende finais do século XIX ata finais do século XX, polos fotógrafos locais José María Vidal -de quen son a totalidade das imaxes da mostra- e o seu pai Plácido Vidal. Os Vidal foron retratistas da vida cotiá de Laxe e toda a comarca e non houbo acontecem...

Encontro con Lola Varela: Feminismo de proximidade

 Feminismo de proximidade , unha selección de artigos, relatorios, investigacións e proxectos publicados en diversos medios, cun claro fío condutor: a muller e a súa condición. A proposta recolle feitos actuais, repasa aspectos históricos, reivindica accións positivas, fai visibles situacións. Ler este libro é unha viaxe por Pontevedra, Compostela, Madrid, Alacant, Cerdedo ou Alhucemas (Marrocos). Así, en   As cidades e o xénero   descúbrenos o androcentrismo arquitectónico que leva a deseñar as cidades en función do estereotipo masculino. En  Mulleres e represión na Terra de Montes , fai visible os trazos de xénero da represión franquista sobre as mulleres desa bisbarra. En  Mulleres no rural  ou en   As montañas do Rif en feminino  trasládanos a vida das mulleres que, malia vivir a miles de quilómetros, teñen eivas similares... Estas páxinas tamén amosan a faceta docente de Lola: dunha banda, como profesora de literatura, achéganos en Unha mulle...

Encontro con Andrea Nunes Brións

  Peche de trimestre de luxo Alumnado e profesorado participaron no encontro coa escritora Andra Nunes que se celebrou hoxe no comedor principal do CIFP Compostela. O alumnado de dirección de cociña preparou un menú temático inspirado na capa do poemario Diáspora do amor balea O alumnado de dirección de servizos coidou todos os detalles e mesmo a decoración da sala, con exposición de libros da autora e obras de referencia para a súa escrita. Alumnado de diferentes clubs de lectura sorprenderon á autora con lectura de  poemas da súa última obra, Esta disidencia que habitamos Andrea tivo tempo para recitarnos algún poema para sorpresa de todas as persoas asistentes O grupo do club de lectura do profesorado Caldo de groria despídese até o vindeiro mes de xaneiro. Boas festas!

Encontro con Maria da Pontragha

  "Donas do lugar" , é un espectáculo que fala de pequenas revoltas que tuveron que facer as mulleres comúns, intentando resituarse nas súas vidas, reapropiándose das súas vidas e os seus corpos, para poder chegar á sociedade que hoxe temos.  María da Pontragha é o alcume de María Iglesias, unha educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. Encontro dirixido ó alumnado de  Persoas en Situación de Dependencia1º (Ciclo Medio) Educación Infantil 1º (Ciclo Superior) Integración Social 1º (Ciclo Superior)

Magosto contra as violencias machistas

 Participa no magosto o día 17 de novembro, e non deixes de visitar o posto con recomendacións de lecturas da nosa biblioteca que abordan a violencia de xénero xunto con materiais para traballar no camiño da súa prevención.

Encontro con Noelia Míguez

  Charla/coloquio sobre violencia de xénero a cargo de Noelia Míguez alumna do Ciclo superior de Promoción da Igualdade de Xénero e  autora do libro  8 señales Grupos participantes: Persoas en Situación de Dependencia1º (Ciclo Medio) Persoas en Situación de Dependencia 2º (Ciclo Medio) Persoas en Situación de Dependencia MODULAR A (Ciclo Medio) Persoas en Situación de Dependencia MODULAR B (Ciclo Medio) Educación Infantil 2º (Ciclo Superior) Integración Social 1º (Ciclo Superior) Moitas grazas, Noelia!