Desde hai 11 edicións as EDLG, profesorado e
alumnado do CEIP Lamas de Abade, do IES Lamas de Abade, do CEIP Santiago
Apóstol, do CEIP Pérez Viondi, da Escola Infantil Raiola, de Aspanaes e do CIFP
Compostela encetamos un proceso de investigación-participación-acción a redor
da expresión particular dalgún dos entroidos galegos.
A este proceso, cada ano, súmanse as
asociacións, comisións, centros educativos e corporacións locais da zona
orixinaria do entroido protagonista da Mostra.
As diferentes expresións etnográficas e culturais que desprenden as múltiples manifestacións do entroido na Galiza son dunha riqueza incuestionable. Se o trasladamos ao ámbito educativo, estas posibilidades multiplícanse pola súa aplicación tanto na globalización de contidos como na adquisición de competencias clave (Competencia en conciencia e expresións culturais e Competencias sociais e cívicas), estabelecendo vínculos e tecendo unha rede entre esta manifestación dinámica e viva da sociedade galega e a comunidade educativa.
XI Mostra do Entroido de Vilardevós. Curso 2023-2024
X Mostra do Entroido de Entrimo. Curso 2022-2023
Materiais da mostra:
Madamas e Madamitos de Entrimo
IX Mostra do Entroido de Lobios. Curso 2021-2022
VIII Mostra do Entroido de Arcos, Mazaricos. Curso 2020-2021
VII Mostra do Entroido de Bande. Curso 2019-2020
VI Mostra do Entroido de Verín. Curso 2018-2019
V Mostra do Entroido de Santiago de Arriba, Chantada. Curso 2017-2018
IV Mostra do Entroido de Laza. Curso 2016-2017
III Mostra do Entroido de Cobres. Curso 2015-2016
II Mostra do Entroido de Vilariño de Conso. Curso 2014-2015
I Mostra do Entroido. Xenerais da Ulla de Couso, A Estrada. Curso 2013-2014
Mostra do Entroido repositorio. Desde o curso 2013-2014 até o curso 2022-2023
Comentarios
Publicar un comentario