Durante dez minutos, o mundo detívose a ler O xoves 8 de outubro de 2026, este xesto tan sinxelo permitiunos acadar un novo récord de GUINNESS WORLD RECORDS™ polo maior número de persoas lendo en liña ao longo de 12 horas. No marco do Ano Nacional da Lectura , a National Literacy Trust e o British Council convidaron persoas lectoras de todo o mundo a participar nun momento colectivo de lectura capaz de superar fronteiras. A resposta foi extraordinaria. Grazas á colaboración da rede de socios educativos e culturais do British Council en 85 países e territorios, participaron máis de 3.000 escolas, bibliotecas, centros de traballo e colectivos comunitarios . Todas elas formaron parte das 153.862 persoas lectoras de 92 países e territorios que fixeron posible este fito histórico. Desde o CIFP Compostela, o grupo de primero curso DUAL de Xestión de Aloxamentos Turísticos participou nesta acción global tal e como informamos no seu día neste blog na entrada Take 10 to read no...