Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta internacionalización

Estación de aprendizaxe en CAFI Incluídas_2

  O sábado 22 de novembro, a coordinadora da biblioteca, Mercedes Teijeiro, participou como relatora na segunda fase do curso Incluídas organizado polo CAFI na EGAP en Santiago de Compostela. Nas sesións da tarde, as persoas asistentes-persoal docente, inspector e asesor- traballaron rotando de xeito participativo, en diferentes estacións de aprendizaxe facilitadas por participantes da edición anterior do curso e na mobilidade Erasmus + na universidade de Porto. ● Estación rosa:  Normativa sobre inclusión en Galicia (Román Latas Calvo)  ● Estación verde. Casos prácticos (Manuel Miguéns Pérez)  ● Estación laranxa. Materiais manipulativos ( Mercedes Teijeiro Gato)  ● Estación amarela. Inclusión en Francia e Portugal (Kerry Ann McKevitt)  ● Estación azul. O proxecto Erasmus + “Incluídas” (Ana Lojo Dieste) O profesorado interesaddo neste proxecto de inclusión educativa pode subscribirse á newsletter do programa para recibir información actualizada.

Bibliotecas Inclusivas e Solidarias no século XXI

Bibliotecas Inclusivas e Solidarias no século XXI. #CAFI_Incluídas e biblioteca escolar Artigo publicado no número 89/ xaneiro-xuño 2025 da revista EDUGA

Visita de observación a bibliotecas escolares en Lorient

  As profesoras do Departamento de Idiomas Mercedes Teijeiro e Purificación Cabido están a realizar unha mobilidade Job Shadowing na cidade de Lorient no Campus de Notre Dame de la Paix, do 1 ao 8 de Maio. Trátase dunha observación in situ do sistema educativo francés, do funcionamento das bibliotecas escolares e da cultura bretona. Nesta estadía visitaron o Lycée Notre Dame de la Paix, o Lycée Saint-Louis e o Collège Saint-Louis, integrándose nas aulas de inglés, francés, español, e TIC, tanto de formación profesional como de bacharelato e realizaron activades de observación nos CDI(as bibliotecas escolares francesas) dos tres centros educativos.