Obradoiro pedagóxico de animación á lectura en francés con Samuel Mountoumnjou Conte avec moi. Celebramos o Día das Bibliotecas 2026! 📚✨ O alumnado de Xestión de Aloxamentos Turísticos e Dirección de Servizos participou activamente nunha xornada moi especial da man de Samuel , narrador oral que, unha vez máis, nos sorprendeu coa súa metodoloxía dinámica, creativa e participativa. Contos, emocións, reflexións e moitas ganas de compartir fixeron desta actividade unha experiencia inesquecible para todas as persoas asistentes. 📖 Porque as bibliotecas son espazos vivos que nos conectan, inspiran e fan medrar. Unha sesión inesquecíbel! Grazas á organización da biblioteca e do Departamento de Idiomas por facer posible unha celebración tan enriquecedora do poder das historias e da palabra en lingua francesa.