Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta díadolibro

A maxia da lectura

                                            Con motivo da Semana do Libro, o alumnado de 1º de Educación Infantil do CIFP Compostela saíu da aula para compartir o que mellor sabe facer: contar historias. Realizaron obradoiros de contacontos nas escolas infantís de Raiola , Lamas de Abade , así como no centro de educación especial Duques de Lugo de Aspanaes , fortalecendo vínculos con centros veciños e levando a maxia da lectura a diferentes realidades educativas. Unha experiencia enriquecedora onde aprender tamén significa compartir .     Visita do equipo directivo de Aspanaes

Sorteo Día do Libro

  Moitos parabéns! Alejandro M., Ana C. e Saray P., alumnado gañador do sorteo do Día do Libro 2024. Boas lecturas!

Obradoiro de marcapáxinas

O día 24 de abril no recreo das 12:00 horas María José Vilar, profesora do departamento de Servizos á Comunidade e especialista en educación infantil, impartirá un obradoiro para a elaboración de marcapáxinas artesanias A actividade foi un éxito e tivo alta participación por parte do alumnado