Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta mural

Encontro con Ana Santiso e Xoana Almar

  Encontro coas ilustradoras e muralistas Ana Santiso e Xohana Almar o venres 20 de marzo. Continuando coas actividades organizadas arredor do 8M durante este mes de marzo dedicado á igualdade e dereitos humanos, quixemos tamén visibilizar e recoñecer o traballo de  Mulleres Referentes  no ámbito das nosas familias profesionais, por iso, a pasada semana tivemos como convidadas a  Ana Santiso ,  creadora do mural que ilustra o corredor exterior entre os edificios de Hostelería e Servizos á Comunidade e Artes Gráficas do noso centro, e  Xoana Almar ,   da cooperativa Cestola na Cachola, que, entre outras obras, creou e realizou en Compostela os murais  "Casa"  na rúa do Restollal e " Lavandeiras do Sarela , en Galeras .                                     Alumnado e profesorado  do ciclo de Educación Infantil  Alumnado e profesorado de Xesti...

O CIFP Compostela en viñetas

  A educación inclusiva debe procurar o máximo desenvolvemento persoal e a adquisición de coñecementos e habilidades para todo o alumnado , sen importar as súas diferenzas . O alumnado do programa de voluntariado da biblioteca, partindo dunha idea do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quixo visibilizar a importancia da educación inclusiva no CIFP Compostela e realizou diversas propostas para plasmar nun mural; deste xeito colaboramos tamén coa humanización dos espazos do centro escolar.   Ana Santiso , foi a artista elixida para plasmar no noso centro o producto final. Realizou un mural a modo de viñetas de cada unha das familias profesionais do CIFP Compostela: Hostalería e Turismo, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Artes Gráficas e Industrias Alimentarias. Estas son algunha imaxe do proceso, proximamente publicaremos as fotos do procesos final!