Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta educacióninfantil

Actividades de animación á lectura para as familias

Trípticos elaborados por alumnado de 1º curso de Educación Infantil en colaboración coa biblioteca escolar O traballo plantexouse dentro das actividades de animación á lectura do módulo, para recoller nun triptico bibliografía para distribuir entre as familias de escolas infantiles sobre diferentes temáticas como a diversidade, o medo, o sono, e as nanas.

Día de Rosalía 2024

 Día de Rosalía con Paula Carballeira, premio de Literatura Dramática no CIFP Compostela Comezamos a xornada na biblioteca con un encontro coa autora, dirixido ó alumnado e profesorado dos clubs de lectura arredor da peza teatral As Alumnas . A continuación, nun salón de actos ateigado, alumnado de diferentes familias profesionais asistiu á sesión de contacontos " Os contos que me contan" Ó remate da contada, a autora impartiu un miniobradoiro específico para o alumnado do ciclo de educación infantil sobre a didáctica nos contos tradicionais. Na cociña, profesorado e alumnado do ciclo superior de dirección de cociña, estaban a preparar o tradiconal caldo de groria. Alumnado da FP básica de cociña ocupouse do servizo do caldo dun xeito moi profesional. E non faltou a poesía de Rosalía de Castro Alumnado da materia de organización de eventos de segundo curso de Xestión de aloxamentos turísticos foi responsable do bo desenvolvemento da xornada Desde a Biblioteca e o EDLG queremo...

Visita do alumnado do CPI Lamas de Abade

         Hoxe tivemos unha visita moi especial. Alumnado de educación infantil do CPI Lamas de Abade estivo no CIFP Compostela para realizar unha visita guiada a exposición sobre o Entroido e asistir a unha sesión de contacontos. A actividade estivo organizada polo alumnado e profesorado do noso ciclo de educación infantil. Até a próxima!