Dende o ano 2012, a Unión Europea vén celebrando o Mes Europeo da Ciberseguridade co fin de promover unha contorna dixital segura a todos os niveis. Esta edición co lema “Pensa antes de facer clic”, está centrada na protección fronte á enxeñería social, unha tendencia crecente coa que os ciberdelincuentes perseguen manipular ás persoas co fin de que revelen información confidencial ou realicen accións que comprometan a seguridade dos seus equipos e dispositivos, tanto persoais como da contorna laboral. No seguinte enlace o profesorado pode atopar moitos recursos que levar ás súas aulas: https://cybersecuritymonth.eu/ Desde o equipo da biblioteca agardamos que resulten do voso interese Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na V edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. Consolidado como un evento de referencia no panorama galego e estata...