Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ALFIN

Todas as persoas desempeñamos un papel: alfabetización mediática e informacional para a cidadanía.

  Que é a AMI? (segundo a Unesco) A alfabetización mediática e informacional (AMI) comprende un conxunto de competencias que lle permiten ás persoas buscar, avaliar criticamente, usar e achegar información e contidos mediáticos de xeito intelixente; coñecer os nosos dereitos no ámbito dixital; entender como combater o discurso de odio en liña, a desinformación, as noticias falsas e o ciberacoso; comprender as cuestións éticas relacionadas co acceso á información e o seu uso; e interactuar cos medios e as TIC, actuando como persoas produtoras de información e contidos, para promover a igualdade, a libre expresión, a pluralidade nos medios e na información, o diálogo intercultural/interrelixioso e a paz. Celebramos a semana AMI do 24 ao 31 de outubro de 2026💥   Alumnado de diversos ciclos, participou no obradoiro impartido pola xornalista Fernando González Macías para reflexionar ao redor dos medios de comunicación e as redes sociais e estimular o pensamento crítcio. Esta activ...

Microvisitas guíadas á biblioteca 2026

  O programa de  microvisitas guiadas á biblioteca, organizadas pola profesora Eva Pintor coa colaboración da biblioteca e a profesora Ana Yañez cos módulos de organización de eventos, resultaron todo un éxito. O alumnado de nova incorporación tivo a oportunidade de coñecer a organización do espazo e afondar na búsqueda de información de xeito riguroso na semana na que a UNESCO promove a celebración da AMI(Alfabetización Mediática e Informacional). Unha actividade xa consolidada e que esperamos poda repetirse no vindeiro curso. Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado participante! Desde a biblioteca queremos agradecer o esforzo e profesionalidade demostrada polo alumnado de segundo curso dos módulos de organización de eventos do ciclo de Xestión de Aloxamentos Turísticos.

The Essential Difference by Julia Suarez Canoura

 

Reservoir Bitches by Iria Meijide Ramas

 

The Guernsey Literary and Potato Peel Pie Society by Alicia García Mariño

 

Día da Biblioteca 2025

  O lema deste ano,  "Contra a desinformación: bibliotecas" , pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación. As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio aos usuarios na procura de información a través de fontes fiables e contrastadas.      As microvisitas guiadas á Biblioteca do CIFP Compostela resultaron todo un éxito! Celebramos o Día da Biblioteca con participación de arredor de 180 persoas entre alumnado e profesorado. Queremos agradecer o bo facer e a implicación da profesora Eva Pintor e o...

Mes europeo da ciberseguridade: Pensa antes de facer clic

  Dende o ano 2012, a Unión Europea vén celebrando o  Mes Europeo da Ciberseguridade  co fin de promover unha contorna dixital segura a todos os niveis. Esta edición co lema “Pensa antes de facer clic”, está centrada na protección fronte á enxeñería social, unha tendencia crecente coa que os ciberdelincuentes perseguen manipular ás persoas co fin de que revelen información confidencial ou realicen accións que comprometan a seguridade dos seus equipos e dispositivos, tanto persoais como da contorna laboral. No seguinte enlace o profesorado pode atopar moitos recursos que levar ás súas aulas:  https://cybersecuritymonth.eu/ Desde o equipo da biblioteca agardamos que resulten do voso interese Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na V edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. Consolidado como un evento de referencia no panorama galego e estata...

Semana AMI

  Cartaz realizado por Noa Blanco, alumna de XAT 2º curso ordinario Unha ano máis. facémonos eco da iniciativa de Bibliotecas escolares de Galicia para por a atención durante esta semana e difundir información sobre a Alfabetización Mediática Informacional. Esta semana, celébrase a Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI), unha ocasión ideal para desenvolver a nosa capacidade de pensar de maneira crítica e responsable ante a información que consumimos cada día.  A AMI é clave para fomentar que o noso alumnado e profesorado aprenda a identificar fontes fiables, detectar noticias falsas, avaliar recursos en liña e protexerse ante enganos, fake news ou trampas en internet.  A coordinadora da biblioteca, Mercedes Teijeiro, seleccionou  os seguintes recursos de interese para toda a comuninade escolar: Caixa de ferramentas de verificación : elaborada polo equipo de maldita.es. Unha recopilación de recursos básicos para que ti mesmo poidas comprobar ...

Prensa escrita na biblioteca

  Durante todo o curso escolar, os mércores,  os grupos da FP Básica da profesora Olga Amigo están a ler e  traballar con prensa en papel. Para refelexionar e aprender sobre alfabetización informacional, de cando en vez, toca comparar as diferentes novas na súa versión en dixital. 

Visita á exposición Mundo expandido na fundación Telefónica

  Alumnado de 1º curso de Xestión de Aloxamentos Turísticos, modalidade ordinaria, aproveitou a súa estadía en Madrid para visitar a exposición Mundo expandido. Entre lo físico y lo virtual. Esta actividade complementa a formación recibida durante o primeiro trimestre sobre alfabetización mediática e informacional impartida pola biblioteca do CIFP Compostela. A exposición explora os mundo simulados e os seus antecedentes, implicacións éticas e filosóficas, legais, sociais e económicas ó longo de oitenta pezas, desde os cicloramas do século XIX até a realidade aumentada e tamén fenómenos sociais como Second Life