Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta bibliomakers

XIII edición da Mostra do Entroido

Celebramos a  XIII edición da Mostra do Entroido Galego  que cada ano dedicamos a un dos entroidos galegos e que pretende dar a coñecer entre a comunidade educativa formada polos centros participantes (CEIP Lamas de Abade, CEIP Apóstolo Santiago, CEIP Pérez Viondi, EI A Raiola, Colexio ASPANAES, IES Lamas de Abade e CIFP Compostela) as diferentes manifestacións dos entroidos galegos. A Mostra, que este ano dedicamos aos  Galos da Mezquita (A Merca - Ourense ) e a posterior ronda en comparsa polos centros de ensino, foi o venres día 6 de febreiro. Participamos: Facendo parte da Cofraría do Sr. Abade, a modo de cofrades e membros da procesión da Purísima Calidade. Como Galos da Mezquita. Cada quen co seu propio traxe. Contamos un curso máis con "Abadiño Son", grupo de música tradicional.

XII Mostra do Entroido

  Un curso máis, e xa van doce, celebramos no CIFP a Mostra de Entroido. Esta XII edición está dedicada ao Folión de Mormentelos de Vilariño de Conso, e contará coa habitual recepción no salón de actos polos Xenerais da Ulla, que farán de anfitrións cos seus   vivas   aos Boteiros, que veñen cargados das súas “bombas”, ritmos e danzas. Posteriormente, percorreremos os centros educativos da aldea de Lamas de Abade ao son do Folión de Mormentelos e o Abadiño Son. Estes días previos e posteriores á Mostra, contaremos na entrada do CIFP Compostela cunha exposición cedida pola Asociación de Entroido de Angrois e máis outra sobre entroidos galegos organizada polo alumnado de 1º de Preimpresión Dixital. Estas exposicións serán dinamizadas polo alumnado de 2º de Aloxamentos turísticos para os escolares da zona pero estades convidadas e convidados a visitalas.   Seguindo co aproveitamento didáctico deste feito cultural, o alumnado de 2º de Integración Social puido explorar fó...

XI Mostra do Entroido

  Como todos os cursos desde o CIFP Compostela organizamos cos centros educativos da contorna a Mostra do Entroido galego que este ano vai dedicado, na súa undécima edición, ao Entroido de Vilardevós (Ourense) e á figura que están a recuperar: os Chocalleiros e Chocalleiras.  Na entrada principal do noso centro podedes visitar dúas exposicións conmemorativas: A representativa de diferentes Entroidos da provincia de Ourense. A dos "Xenerais da Ulla no tempo", que pretende dar unha visión da evolución dos trazos máis significativos deste Entroido con fonda raigame na contorna do noso centro.  Non deixedes de pasar pola biblioteca para consultar as recomendacións de lectura arredor do Entroido