Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Samuel Mountoumnjou

Conte avec moi con Samuel Mountoumnjou

  Obradoiro pedagóxico de animación á lectura en francés con Samuel Mountoumnjou Conte avec moi. Celebramos o Día das Bibliotecas 2026! 📚✨ O alumnado de Xestión de Aloxamentos Turísticos e Dirección de Servizos participou activamente nunha xornada moi especial da man de Samuel , narrador oral que, unha vez máis, nos sorprendeu coa súa metodoloxía dinámica, creativa e participativa. Contos, emocións, reflexións e moitas ganas de compartir fixeron desta actividade unha experiencia inesquecible para todas as persoas asistentes. 📖 Porque as bibliotecas son espazos vivos que nos conectan, inspiran e fan medrar. Unha sesión inesquecíbel!  Grazas á organización da biblioteca e do Departamento de Idiomas por facer posible unha celebración tan enriquecedora do poder das historias e da palabra en lingua francesa.

Día Das Bibliotecas: Aptas para todos os públicos

  Achégase o Día das Bibliotecas! Celebramos a efeméride con microvisitas guiadas polo alumnado de 2º de XAT e con sesión de contos africanos en francés.

Narración oral en francés

  Samuel Mountoumnjou. Africa no Cifp Compostela.  Camerunés, narrador oral e profesor de francés. Fala bamoun, francés e español. Aprende da sua nai a falar e contar e das persoas maiores tamén, así comeza a súa paixon polos contos. E un narrador oral que contará historias africanas en francés que falan da súa cultura e das súas tradicións. Samuel Mountoumnjou

Contes africains. Samuel Mountoumnjou

  Samuel Mountoumnjou Contes africains pour les élèves de français. Africa no Cifp Compostela. Samuel Mountoumnjou, profesor de linguas e narrador oral, contounos historias de África en francés, nunha actividade participativa, divertida e moi interesante.