Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta biblioteca escolar solidaria

Selo Biblioteca escolar solidaria

 Por terceiro curso escolar consecutivo, a biblioteca do CIFP Compostela obtén o selo de Biblioteca escolar solidaria, distinción que recoñece as funcións da biblioteca como espazo dinámico e comprometido socialmente. Queremos felicitar a todo o equipo da biblioteca e especialmente, ao alumnado participante no programa de Voluntariado na biblioteca escolar por todo o traballo realizado. https://bibliotecas.edu.xunta.gal/programas-e-concursos/bibliotecas-escolares-solidarias

Club de lectura do profesorado do mes de xuño

  Remata o club do profesorado do curso 2025-2026 con El libro de los abrazos de Eduardo Galeano para falarmos de amor, xustiza social, política e solidariedade.

Encontro PLAMBE 2026

  Participamos no Encontro PLAMBE 2026 para falar do noso proxecto de biblioteca escolar escolar solidaria. Podedes consultar aquí o interesante programa. A nosa compañeira, Mercedes Teijeiro fixo un breve resumo de dous anos como biblioteca galardoada co selo de biblioteca escolar solidaria. Moitas grazas polo convite!

Torneo de xadrez

  O alumnado voluntario de biblioteca da FP Básica, convídavos a participar no torneo de xadrez, nos recreos, durante o mes de febreiro e marzo.

XIX Encontro Galego de Postcrossing: Braille

  Á volta das vacacións, o día 8 de xaneiro de 2026, a biblioteca do CIFP Compostela, acolle a celebración do XIX Encontro Galego de Postcrossing arredor do Braille en colaboración Con Cafi_Incluídas e a Fundación ONCE. Se queres recibir unha postal conmemorativa do evento, creada para esta ocasión por alumnado da FP Básica de artes gráficas: Envía a túa Inclué unhas liñas sobre a túa experiencia do Braille, algún dato curioso que te chamara a atención, información/reflexión relacionada coa accesibilidade ou a comunicación táctil ou un saúdo para o encontro. Non esquezas incluir os teus datos!

Showroom de roupa, xoguetes e complementos de segunda man

  O alumnado de segundo Xestión de Aloxamentos Turísticos ordinario vai organizar un "Showroom de entrega de roupa e xoguetes de segunda man",  actividade que xorde, o curso pasado, da iniciativa da nosa compañeira Olga Amigo e, para a toda comunidade educativa do CIFP Compostela; realizarase os días mércores 17 de decembro (entre 10:30 e 14:00) e o xoves 18 de decembro (entre 16:30 e 19:30) na Aula 4 (edificio principal).   Por este motivo, solicitamos a participación de alumnado / profesorado / persoal non docente, a través da doazón de roupa/calzado/complementos e xoguetes que xa non precisades, pero que aínda están en bo estado, deixándoos nas caixas que ides ter nas aulas. Farase unha selección dos mesmos e logo expoñeranse nesa aula 4 para que todo aquel, especialmente alumnado, que atope algo que lle guste, poida levalo. As data límite para a recollida é o 9 de decembro. Contamos coa vosa participación!

Obradoiro de baile tradicional con Mondra

  Hoxe o alumnado e profesorado dos Ciclos formativos dos Graos Básicos en Artes Gráficas, Cociña e restauración, Aloxamento e lavandaría, do Grao Medio en Impresión Gráfica e dos Graos Superiores en Educación infantil e Integración social participaron no “ Obradoiro de baile tradicional con músicas de onte e hoxe” que desenvolveu Mondra no CIFP Compostela. Esta actividade, organizada polo  @edlg_cifpcompostela  e  @caldodegroria  a través da Biblioteca Escolar Solidaria, pretende estimular entre o alumnado a vivencia da música e o baile tradicional galego neste ano das Letras Galegas 2025 dedicado ás nosas Cantareiras. Para quen quedase con ganas de máis, lembrarvos que proximamente empezarán os ensaios do grupo de música tradicional do CIFP Compostela. O “Abadiño Son” xúntase unha vez ao mes no salón de actos para ensaiar. Estade atentas e atentos a partir de novembro!

Bibliotecas Inclusivas e Solidarias no século XXI

Bibliotecas Inclusivas e Solidarias no século XXI. #CAFI_Incluídas e biblioteca escolar Artigo publicado no número 89/ xaneiro-xuño 2025 da revista EDUGA

" As cruces de pedra na Bretaña" de Castelao

  Convidamos a toda a comunidade escolar do CIFP Compostela a visitar a nova exposición arredor da figura de Castelao desde o día de hoxe até o 6 de xuño de 2025. Na entrada principal, A Bretaña que hai en NÓS, "As cruces de pedra na Bretaña" de Castelao.

Unha ollada sobre Palestina

  Unha ollada sobre Palestina con fotografías realizadas por Hosny Salah, xornalista e fotógrafo palestino. Podedes consultar aquí o dossier da exposición. Na biblioteca temos unha selección de obras de autores e autoras palestinas e tamén comics moi interesantes!

Mochilas viaxeiras

  Nova exposición na biblioteca durante o mes de febreiro. Mochilas viaxeiras . Unha proposta do alumnado do Ciclo Superior de Educaciónn Infantil e voluntariado da biblioteca.

Mercado de Nadal

  Únete ao noso curruncho do Apalpador! Data: 16-12-2024 Hora: 11:00-18:00 Lugar: Entrada principal do centro  Este evento único está organizado por 2º de xestión de aloxamentos turísticos, en colaboración cos 3 ciclos de FPBÁSICA do CIFP Compostela, co obxectivo de promover a solidariedade, o consumo responsable e o apoio a causas que marcan a diferenza.  Por que participar? De seguro de que tes roupa no teu armario que agora non utilizas e queremos darte a oportunidade de doala, se asi o desexas, e de adquirir algunha prenda que che guste, todo neste curruncho do apalpador.  Ademais, é unha oportunidade perfecta para coidar o planeta apostando pola moda sostible. Que podes atopar? Pezas de roupa de segunda man. Accesorios e roupa para toda a familia. Non esquezas traer as túas propias bolsas reutilizables. Contamos contigo!

Obradoiro de selfies, retratos e feminismos

  Obradoiro sobre selfies, retratos e feminismos coa xornalista e fotógrafa Charo Lopes. Durante este formación monográfica explicáronse conceptos de linguaxe fotográfica e presentáronse exemplos de traballos de artistas contemporáneas O alumnado tivo a oportunidade de levar a teoría á práctica E tamén as profas do equipo da biblioteca! 1-CONTEXTO E OBXECTIVOS A fotografía hoxe, cun uso masificado no noso contexto social, convírtese nunha forma de comunicación complexa e estruturante, na que tamén se definen realidades: que empoderan, invisibilizan, humillan ou restauran, ao igual que as palabras. Con esta actividade traballase a prevención, identificación e sensibilización das diferentes formas de violencia machista através da imaxe e a reprodución de roles opresivos e limitantes, en particular no uso particular do retrato, através da autofoto ou selfie. É urxente irmos desvelando as súas diversas caras para podermos facerlles fronte. Unha das maiores dificultades para enfrontarm...

O CIFP Compostela en viñetas

  A educación inclusiva debe procurar o máximo desenvolvemento persoal e a adquisición de coñecementos e habilidades para todo o alumnado , sen importar as súas diferenzas . O alumnado do programa de voluntariado da biblioteca, partindo dunha idea do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quixo visibilizar a importancia da educación inclusiva no CIFP Compostela e realizou diversas propostas para plasmar nun mural; deste xeito colaboramos tamén coa humanización dos espazos do centro escolar.   Ana Santiso , foi a artista elixida para plasmar no noso centro o producto final. Realizou un mural a modo de viñetas de cada unha das familias profesionais do CIFP Compostela: Hostalería e Turismo, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Artes Gráficas e Industrias Alimentarias. Estas son algunha imaxe do proceso, proximamente publicaremos as fotos do procesos final!