Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta exposición

GOYA-HELLBOY na Fundación Abanca

  O alumnado de 1⁰ do CB de Cociña e Restauración acudiu hoxe á sede da Fundación Abanca de Santiago de Compostela para unha visita guiada á exposición GOYA-HELLBOY. A mostra reflexiona sobre o universo fantástico de Goya, utilizando un dos monstros máis populares do cinema e o cómic do século XXI, Hellboy, da man do gran creador de monstros do cinema de Hollywood. Tamén asistiron a unha charla sobre a xestión do TDAH ao longo da vida con  María del Pilar de Castro Manglano, psiquiatra especializada en adolescentes.

Unha ollada sobre Palestina

  Unha ollada sobre Palestina con fotografías realizadas por Hosny Salah, xornalista e fotógrafo palestino. Podedes consultar aquí o dossier da exposición. Na biblioteca temos unha selección de obras de autores e autoras palestinas e tamén comics moi interesantes!

Ecos de Kim

    O xoves 27 de febreiro presentamos no centro unha exposición cedida polo IES Virxe do Mar de Noia. Son 18 obras plásticas baseadas na artista Christine Kim realizadas polo estudantado de 4º de ESO e asociadas cada unha delas a unha poesía dunha autora ou autor galego. Convidamos a toda a comunidade educativa a achegarse e disfrutar das mesmas. Estará no hall do edificio ata finais do mes de marzo. Grazas ao IES Virxe do Mar por compartir esta fermosa produción pictográfica e poética. Esta exposición complementase na biblioteca do CIFP Compostela onde podedes consultar todas as obras poéticas de referencia .    

Mochilas viaxeiras

  Nova exposición na biblioteca durante o mes de febreiro. Mochilas viaxeiras . Unha proposta do alumnado do Ciclo Superior de Educaciónn Infantil e voluntariado da biblioteca.

Exposición collage e fotografía

  O alumnado de 1º curso de Educación Infantil do módulo o xogo infantil e a súa metodoloxía estivo a traballar baixo a coordinación do profesor Jorge D. Laranjo sobre fotografía e collage. Podedes ver os resultados na exposición que montaron na nosa biblioteca.

Letras Galegas 2024

  Recomendamos a lectura da biografía de Luisa Villalta nas verbas da académica Ana Romaní que podedes atopar na ligazón anterior publicada na páxina web da Real Academia Galega. Non deixedes de visitar a biblioteca do CIFP Compostela para achegarvos á obra de Luisa Villalta e a exposición con obras de autores e autoras homenaxedas ó longo dos anos no Día das Letras Galegas.

Exposición ¨Nós somos elas " no CIFP Compostela

  A mostra "Nós somos Elas", da área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda, quere poñer o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polo histórico fotógrafo de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes. Mulleres acompañadas dos seus fillos e fillas son os conxuntos máis repetidos nos 24 retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal, concretamente de José Mª Vidal, da colección permanente do Museo de Mar de Laxe. Son pezas do pasado e do presente que constrúen un relato diferente, inclusivo, que trae ás mulleres a ocupar o seu lugar na historia, a facelas protagonistas e visibilizalas". O arquivo está composto por máis de 67.000 imaxes, realizadas dende finais do século XIX ata finais do século XX, polos fotógrafos locais José María Vidal -de quen son a totalidade das imaxes da mostra- e o seu pai Plácido Vidal. Os Vidal foron retratistas da vida cotiá de Laxe e toda a comarca e non houbo acontecem...

Visita á exposición Mundo expandido na fundación Telefónica

  Alumnado de 1º curso de Xestión de Aloxamentos Turísticos, modalidade ordinaria, aproveitou a súa estadía en Madrid para visitar a exposición Mundo expandido. Entre lo físico y lo virtual. Esta actividade complementa a formación recibida durante o primeiro trimestre sobre alfabetización mediática e informacional impartida pola biblioteca do CIFP Compostela. A exposición explora os mundo simulados e os seus antecedentes, implicacións éticas e filosóficas, legais, sociais e económicas ó longo de oitenta pezas, desde os cicloramas do século XIX até a realidade aumentada e tamén fenómenos sociais como Second Life