O día 24 de novembro comeza o ciclo de curtas co fin de ser unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero polo 25N, animámosvos a asistir a estas xornadas organizadas polo voluntariado de 1 CS Integración Social"
Participa no magosto o día 17 de novembro, e non deixes de visitar o posto con recomendacións de lecturas da nosa biblioteca que abordan a violencia de xénero xunto con materiais para traballar no camiño da súa prevención.