Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2026

Proposta expansiva para as Letras Galegas

      

Club de lectura do profesorado do mes de maio

  Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño, no mes das Letras Galegas. Cata de viños galegos da man de Elena Quián. Emotivo club de lectura ao redor de Morgana en Esmelle con cata de vinos galegos, ramos de astromelias e o Alalá das Mariñas interpretado polo noso compañeiro César.  🎺 💐💗

O transgredir das ondas

Berrobambán achéganos á figura de Begoña Caamaño en " O transgredir das ondas". Unha peza teatral escrita por Paula Carballeira que podedes consultar na biblioteca do CIFP Compostela.

Club de lectura do profesorado do mes de outubro

  En Circe ou o pracer do azul , Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe. O club de lectura do profesorado quere celebrar o Día das Escritoras 2025 con esta obra da autora galega Begoña Caamaño, escritora elixida polo plenario da Real Academia Galega para ser homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.