Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

Prensa escrita na biblioteca

  Durante todo o curso escolar, os mércores,  os grupos da FP Básica da profesora Olga Amigo están a ler e  traballar con prensa en papel. Para refelexionar e aprender sobre alfabetización informacional, de cando en vez, toca comparar as diferentes novas na súa versión en dixital. 

16 Xornada de Clubs de lectura

  O día 14 de maio a coordinadora dos clubs de lectura, Mercedes Teijeiro, participa nunha mesa de experiencias arredor dos clubs de lectura para persoas adultas na 16 xornada dos clubs de lectura. Podedes consultar aquí o programa

Letras Galegas 2024

  Recomendamos a lectura da biografía de Luisa Villalta nas verbas da académica Ana Romaní que podedes atopar na ligazón anterior publicada na páxina web da Real Academia Galega Non deixedes de visitar a biblioteca do CIFP Compostela para achegarvos á obra de Luisa Villalta e a exposición con obras de autores e autoras homenaxedas ó longo dos anos no Día das Letras Galegas

Escribir a biblioteca escolar

 O #XIVEncontroGalegoDePostcrossing celebrado na biblioteca do CIFP Compostela foi todo un éxito. Comezamos con obradoiro temático sobre o Postcrossing a cargo de Diana Pastoriza O grupo de alumnado experto do club de lectura #caldodegroria colaborou na redación das 65 postais multilingües que asinamos para enviar a diferentes destinos do mundo. Participou tamén no evento alumnado de Xestión de Aloxamentos Turísticos e de Educación Infantil. O deseño da exclusiva postal temática, Aloxamentos turísticos con encanto, foi poisble grazas á colaboración do departamento de Artes Gráficas do CIFP Compostela, principalmente do profesor Alejandro Pampín. Aproveitamos para facer unha recomendación de lectura, impresa na postal, relacionada coa temática do evento, Un hotel de primeira sobre o río de Xohana Torres. Unha mostra das postais recibidas con recomendacións de aloxamentos turísticos con encanto                         ...