Saltar ao contido principal

Escribir a biblioteca escolar





 O #XIVEncontroGalegoDePostcrossing celebrado na biblioteca do CIFP Compostela foi todo un éxito.

Comezamos con obradoiro temático sobre o Postcrossing a cargo de Diana Pastoriza




O grupo de alumnado experto do club de lectura #caldodegroria colaborou na redación das 65 postais multilingües que asinamos para enviar a diferentes destinos do mundo. Participou tamén no evento alumnado de Xestión de Aloxamentos Turísticos e de Educación Infantil. O deseño da exclusiva postal temática, Aloxamentos turísticos con encanto, foi poisble grazas á colaboración do departamento de Artes Gráficas do CIFP Compostela, principalmente do profesor Alejandro Pampín. Aproveitamos para facer unha recomendación de lectura, impresa na postal, relacionada coa temática do evento, Un hotel de primeira sobre o río de Xohana Torres.








Unha mostra das postais recibidas con recomendacións de aloxamentos turísticos con encanto







Comentarios

Publicacións populares deste blog

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                                       BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2025. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día das Bibliotecas 2024

 Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible Microvisitas guiadas à biblioteca do CIFP Compostela  da man do alumnado de XAT 2⁰ curso, módulo comercialización e eventos e profesorado do equipo da biblioteca. Por outros 364 días màis 💥 Moitas grazas pola colaboración, planificación e traballo ben feito!