Cartaz realizado por Noa Blanco, alumna de XAT 2º curso ordinario Unha ano máis. facémonos eco da iniciativa de Bibliotecas escolares de Galicia para por a atención durante esta semana e difundir información sobre a Alfabetización Mediática Informacional. Esta semana, celébrase a Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI), unha ocasión ideal para desenvolver a nosa capacidade de pensar de maneira crítica e responsable ante a información que consumimos cada día. A AMI é clave para fomentar que o noso alumnado e profesorado aprenda a identificar fontes fiables, detectar noticias falsas, avaliar recursos en liña e protexerse ante enganos, fake news ou trampas en internet. A coordinadora da biblioteca, Mercedes Teijeiro, seleccionou os seguintes recursos de interese para toda a comuninade escolar: Caixa de ferramentas de verificación : elaborada polo equipo de maldita.es. Unha recopilación de recursos básicos para que ti mesmo poidas comprobar ...