Saltar ao contido principal

Día das Bibliotecas 2024

 Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible







Microvisitas guiadas à biblioteca do CIFP Compostela da man do alumnado de XAT 2⁰ curso, módulo comercialización e eventos e profesorado do equipo da biblioteca. Por outros 364 días màis 💥









































Moitas grazas pola colaboración, planificación e traballo ben feito!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día de Rosalía 2024

 Día de Rosalía con Paula Carballeira, premio de Literatura Dramática no CIFP Compostela Comezamos a xornada na biblioteca con un encontro coa autora, dirixido ó alumnado e profesorado dos clubs de lectura arredor da peza teatral As Alumnas . A continuación, nun salón de actos ateigado, alumnado de diferentes familias profesionais asistiu á sesión de contacontos " Os contos que me contan" Ó remate da contada, a autora impartiu un miniobradoiro específico para o alumnado do ciclo de educación infantil sobre a didáctica nos contos tradicionais. Na cociña, profesorado e alumnado do ciclo superior de dirección de cociña, estaban a preparar o tradiconal caldo de groria. Alumnado da FP básica de cociña ocupouse do servizo do caldo dun xeito moi profesional. E non faltou a poesía de Rosalía de Castro Alumnado da materia de organización de eventos de segundo curso de Xestión de aloxamentos turísticos foi responsable do bo desenvolvemento da xornada Desde a Biblioteca e o EDLG queremo