Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Obradoiro de baile tradicional con Mondra

  Hoxe o alumnado e profesorado dos Ciclos formativos dos Graos Básicos en Artes Gráficas, Cociña e restauración, Aloxamento e lavandaría, do Grao Medio en Impresión Gráfica e dos Graos Superiores en Educación infantil e Integración social participaron no “ Obradoiro de baile tradicional con músicas de onte e hoxe” que desenvolveu Mondra no CIFP Compostela. Esta actividade, organizada polo  @edlg_cifpcompostela  e  @caldodegroria  a través da Biblioteca Escolar Solidaria, pretende estimular entre o alumnado a vivencia da música e o baile tradicional galego neste ano das Letras Galegas 2025 dedicado ás nosas Cantareiras. Para quen quedase con ganas de máis, lembrarvos que proximamente empezarán os ensaios do grupo de música tradicional do CIFP Compostela. O “Abadiño Son” xúntase unha vez ao mes no salón de actos para ensaiar. Estade atentas e atentos a partir de novembro!

Día da Biblioteca 2025

  O lema deste ano,  "Contra a desinformación: bibliotecas" , pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación. As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio aos usuarios na procura de información a través de fontes fiables e contrastadas.      As microvisitas guiadas á Biblioteca do CIFP Compostela resultaron todo un éxito! Celebramos o Día da Biblioteca con participación de arredor de 180 persoas entre alumnado e profesorado. Queremos agradecer o bo facer e a implicación da profesora Eva Pintor e o...

Coffee sessions. Club de lectura en inglés

 Comeza o curso de lectura en inglés!

Mes europeo da ciberseguridade: Pensa antes de facer clic

  Dende o ano 2012, a Unión Europea vén celebrando o  Mes Europeo da Ciberseguridade  co fin de promover unha contorna dixital segura a todos os niveis. Esta edición co lema “Pensa antes de facer clic”, está centrada na protección fronte á enxeñería social, unha tendencia crecente coa que os ciberdelincuentes perseguen manipular ás persoas co fin de que revelen información confidencial ou realicen accións que comprometan a seguridade dos seus equipos e dispositivos, tanto persoais como da contorna laboral. No seguinte enlace o profesorado pode atopar moitos recursos que levar ás súas aulas:  https://cybersecuritymonth.eu/ Desde o equipo da biblioteca agardamos que resulten do voso interese Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na V edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. Consolidado como un evento de referencia no panorama galego e estata...

Visita á SELIC

  O alumnado de primeiro curso de Educación Infantil xunto coa profesora Majo Fares, visitou os stands das editoriais e asistiu á  presentación do libro Desvendando Rosalía e a súa obra de Franciso Rodríguez na SELIC , Semana do Libro de Compostela . Animamos a toda a comunidade escolar a participar nas actividades propostas e visitar a SELIC até o día 12 de outubro, Podedes consultar aquí toda a programación .

Club de lectura do profesorado do mes de outubro

  En Circe ou o pracer do azul , Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe. O club de lectura do profesorado quere celebrar o Día das Escritoras 2025 con esta obra da autora galega Begoña Caamaño, escritora elixida polo plenario da Real Academia Galega para ser homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.