Saltar ao contido principal

Mes europeo da ciberseguridade: Pensa antes de facer clic

 



Dende o ano 2012, a Unión Europea vén celebrando o Mes Europeo da Ciberseguridade co fin de promover unha contorna dixital segura a todos os niveis. Esta edición co lema “Pensa antes de facer clic”, está centrada na protección fronte á enxeñería social, unha tendencia crecente coa que os ciberdelincuentes perseguen manipular ás persoas co fin de que revelen información confidencial ou realicen accións que comprometan a seguridade dos seus equipos e dispositivos, tanto persoais como da contorna laboral.


No seguinte enlace o profesorado pode atopar moitos recursos que levar ás súas aulas: https://cybersecuritymonth.eu/

Desde o equipo da biblioteca agardamos que resulten do voso interese




Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na V edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia.

Consolidado como un evento de referencia no panorama galego e estatal, CIBER.gal volverá converter a Galicia no epicentro da seguridade dixital, reunindo a expertos, empresas, entidades públicas e cidadanía para analizar os grandes retos e oportunidades do ecosistema dixital.

As tres xornadas poderán seguirse de forma presencial ou en liña, previa inscrición nesta ligazón, con prazas limitadas para a asistencia física. A participación é totalmente gratuíta ata completar aforo. O programa completo pode consultarse na páxina web do V Encontro CIBER.gal.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                                       BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2025. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día das Bibliotecas 2024

 Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible Microvisitas guiadas à biblioteca do CIFP Compostela  da man do alumnado de XAT 2⁰ curso, módulo comercialización e eventos e profesorado do equipo da biblioteca.  Por outros 364 días màis 💥 Moitas grazas pola colaboración, planificación e traballo ben feito!