Saltar ao contido principal

Publicacións

Club de lectura do profesorado do mes de setembro

  A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da 2º República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o "pasado non ausente": polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a condicionar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque  o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma. David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a  infiltrarse na sociedade española, deciden casar e regresan casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos...
Publicacións recentes

Bibliotecas Inclusivas e Solidarias no século XXI

Bibliotecas Inclusivas e Solidarias no século XXI. #CAFI_Incluídas e biblioteca escolar Artigo publicado no número 89/ xaneiro-xuño 2025 da revista EDUGA

Club de lectura do profesorado do mes de xuño

  Rematamos o club de lectura do profesorado coa primeira publicación propia: ¿Cómo se dice shame? Un viaje narrativo realizado por inmigrantes en los Estados Unidos. Trátase dunha serie de relatos curtos escritos por Olivia Ochoa , a nosa asistente lingüística en lingua inglesa durante este curso escolar; forman parte da súa tese de doutoramento na universidade de Cornell, Ithaca, New York. Grazas ó profesor Alejandro Pampín e ó departamento de artes gráficas pola súa colaboración para facer posible a edición da obra.

Club de lectura do profesorado do mes de maio

  No club de lectura do profesorado do mes de maio comentamos La maestra de José Antonio Lucero. Foi un encontro moi enriquecedor xa que se comentaron diferentes visións sobre a obra.

" As cruces de pedra na Bretaña" de Castelao

  Convidamos a toda a comunidade escolar do CIFP Compostela a visitar a nova exposición arredor da figura de Castelao desde o día de hoxe até o 6 de xuño de 2025. Na entrada principal, A Bretaña que hai en NÓS, "As cruces de pedra na Bretaña" de Castelao.

XVII Xornada dos Clubs de Lectura

  O día 21 de maio, as nosas compañeiras Iria Cajuso e Mercedes Teijeiro, participaron na #17XCL celebrada en Santiago de Compostela. O club de lectura Caldo de Groria, foi convidado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares para inaugurar a xornada nunha conversa con Paula Carballeira. Paula Carballeira recibiu o  Premio dos Clubs de Lectura 2025, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio ,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2023/24. Podedes consultar aquí todo o programa da  emotiva Xornada.