Saltar ao contido principal

III Castañazo pola Igualdade





 Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Comisión de Igualdade do CIFP Compostela e a Coordinación de Biblioteca impulsamos unha nova edición III Castañazo contra as violencias machistas, un magosto no que colaboran, diferentes grupos de alumnado e profesorado: de Aloxamento e Lavandaría, Integración Social, Educación Infantil... Desta volta, no marco dun programa máis amplo de actividades desenvolto pola Comisión de Igualdade durante esta semana reivindicativa do 25N, "Dia Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres".


Desenvolverase onde o curso anterior, na entrada principal (se chove, nos soportais da cafetería), o xoves 27 de novembro a partir das 13:00 horas.  Facilitarase, nos casos que sexa posible, o cambio da actividade lectiva para a participación no magosto, polo que os grupos participantes acudirán ao mesmo acompañados polo profesorado correspondente.

Haberá, ademais de castañas, un posto da Biblioteca con fondos específicos sobre feminismo, prevención das violencias, o magosto, o outono... dinamizado por alumnado de Integración Social, xogos populares a cargo do alumnado de Educación Infantil e, como non, o grupo de música do CIFP "Abadiño Son", que amenizará a festa.

O sentido deste magosto, ademais de facermos comunidade, é loitar contra as violencias machistas.

No cartaz que se xunta tedes toda a información. Vémonos o xoves!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                                       BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2025. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día das Bibliotecas 2024

 Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible Microvisitas guiadas à biblioteca do CIFP Compostela  da man do alumnado de XAT 2⁰ curso, módulo comercialización e eventos e profesorado do equipo da biblioteca.  Por outros 364 días màis 💥 Moitas grazas pola colaboración, planificación e traballo ben feito!