O alumnado de 1⁰ do CB de Cociña e Restauración acudiu hoxe á sede da Fundación Abanca de Santiago de Compostela para unha visita guiada á exposición GOYA-HELLBOY.
A mostra reflexiona sobre o universo fantástico de Goya, utilizando un dos monstros máis populares do cinema e o cómic do século XXI, Hellboy, da man do gran creador de monstros do cinema de Hollywood.
Tamén asistiron a unha charla sobre a xestión do TDAH ao longo da vida con María del Pilar de Castro Manglano, psiquiatra especializada en adolescentes.
Comentarios
Publicar un comentario