Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2023

Creepy Talking Faces

 Concurso PARTICIPANTES:  Pode participar todo o alumnado do CIFP Compostela que  teña asinado e entregado o documento de dereitos de imaxe. Por outra banda, deberá ter o carné da biblioteca do centro para poder participar. BASES: 1.Compoñer un microrelato en inglés (máximo 50 palabras) que xere terror, desacougo e/ou intranquilidade. 2.Pintarse a cara de forma arrepiante, segundo a temática de Halloween. 3. Gravar un vídeo curto (máximo 2 minutos) no photocall da biblioteca do CIFP Compostela, que estará dispoñible do 30 de outubro até o 7 de novembro de 2023. 4. Enviar o vídeo resultante ao correo caldodegroria@gmail.com con data límite 7 de novembro de2023. XURADO:  Valorarase a creatividade, tanto no deseño das caras como no microrelato. O xurado estará composto por profesorado do departamento de Idiomas e de Artes Gráficas. PREMIO:  Outorgarase un premio, que consiste nunha comida para dúas persoas no gastrobar do CIFP Compostela, para o vídeo gañador.

Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) a proposta da UNESCO

A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema:   "ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL NOS ESPAZOS DIXITAIS: UNHA AXENDA GLOBAL COLECTIVA". Centrarse nos espazos dixitais na edición deste ano da Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional 2023 dará a oportunidade de explorar vías para fortalecer a cooperación multilateral coas plataformas dixitais e outras partes interesadas na integración da alfabetización mediática e informacional nas políticas, operacións e produtos.      Unha axenda global colectiva da que forman parte as bibliotecas escolares que deben , máis que nunca,  reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI. Anímate a participar na semana AMI creando un post, vídeo ou infografía e partilla nas túas redes sociais para crear conciencia da importancia que ten a Alfabetización Informacional.  A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia ampliou o pr...

Día da biblioteca 2023

                     Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola  Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil  á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.   A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do  Día das Bibliotecas , este 24 de outubro de 2023.     "O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".   As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta...

Día das Escritoras 2023

  Días das Escritoras 2023  Visita a exposición que temos preparada na biblioteca                                                                               

Programa de voluntariado curso 2023 - 2024

  Anímate a participar. Contacta co equipo da biblioteca se tes algunha dúbida. Envía un correo electrónico a biblioteca.cifp.compostela@edu.xunta.gal indicando no asunto "voluntariado 23-24". Indica o teu nome completo, ciclo formativo e franxa con dispoñibilidade horaria. Grazas!

Xadrez na biblioteca

 Xa estamos de volta! A biblioteca abriu as súas portas! Comezamos con un novo reto semanal. Participa! Cada semana atoparás un novo problema a resolver xunto ós taboleiros de xadrez