Saltar ao contido principal

Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) a proposta da UNESCO


A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: "ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL NOS ESPAZOS DIXITAIS: UNHA AXENDA GLOBAL COLECTIVA".

Centrarse nos espazos dixitais na edición deste ano da Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional 2023 dará a oportunidade de explorar vías para fortalecer a cooperación multilateral coas plataformas dixitais e outras partes interesadas na integración da alfabetización mediática e informacional nas políticas, operacións e produtos. 
 
 
Unha axenda global colectiva da que forman parte as bibliotecas escolares que deben , máis que nunca,  reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI.

Anímate a participar na semana AMI creando un post, vídeo ou infografía e partilla nas túas redes sociais para crear conciencia da importancia que ten a Alfabetización Informacional.

 A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia ampliou o prazo até o día 17 de novembro. Non esquezas os hastags:

#ollopiollo #XBEGA23 #AMInabiblio #bescolaresgal #caldodegroria #cifpcompostela

Tamén podes gardar o teu artefacto no noso taboleiro dixital:

AMI


Bótalle unha ollada a:

Cartaz Semana AMI

Propostas da UNESCO

Reto #ollopiollo




 

Comeza AAAAsema




na Mundial da Comeza semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) a propo



sta da UNESCO. "Alfabetización mediática e informacional nos espazos dixitais: Unha Axenda Global Colectiva" semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) a proposta da UNESCO. "Alfabetización mediática e informacional nos espazos dixitais: Unha Axenda Global Colectiva"tización Mediática e Informacional (AMI) a proposta da UNESCO. "Alfabetización mediática e informacional nos espazos dixitais: Unha Axenda Global Colectiva"

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día de Rosalía 2024

 Día de Rosalía con Paula Carballeira, premio de Literatura Dramática no CIFP Compostela Comezamos a xornada na biblioteca con un encontro coa autora, dirixido ó alumnado e profesorado dos clubs de lectura arredor da peza teatral As Alumnas . A continuación, nun salón de actos ateigado, alumnado de diferentes familias profesionais asistiu á sesión de contacontos " Os contos que me contan" Ó remate da contada, a autora impartiu un miniobradoiro específico para o alumnado do ciclo de educación infantil sobre a didáctica nos contos tradicionais. Na cociña, profesorado e alumnado do ciclo superior de dirección de cociña, estaban a preparar o tradiconal caldo de groria. Alumnado da FP básica de cociña ocupouse do servizo do caldo dun xeito moi profesional. E non faltou a poesía de Rosalía de Castro Alumnado da materia de organización de eventos de segundo curso de Xestión de aloxamentos turísticos foi responsable do bo desenvolvemento da xornada Desde a Biblioteca e o EDLG queremo...