Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2023

Mobilidade alumnado XAT Dual en Hungría

    O alumnado de 1º e 2º curso de XAT Dual ven de realizar unha mobilidade formativa en Hungría. Entre moitas outras actividades, visitaron a biblioteca da Central European Budapest University (CEU) que se distingue por ser a biblioteca centro-europea con máis fondos en lingua inglesa e descubriron, na visita guiada ó palacio de Gödöllö, cal era o poeta favorito da emperatriz Sissi.

Encontro con Maria da Pontragha

  "Donas do lugar" , é un espectáculo que fala de pequenas revoltas que tuveron que facer as mulleres comúns, intentando resituarse nas súas vidas, reapropiándose das súas vidas e os seus corpos, para poder chegar á sociedade que hoxe temos.  María da Pontragha é o alcume de María Iglesias, unha educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. Encontro dirixido ó alumnado de  Persoas en Situación de Dependencia1º (Ciclo Medio) Educación Infantil 1º (Ciclo Superior) Integración Social 1º (Ciclo Superior)

Xornada de bibliotecas escolares de Galicia 2023

 O sábado 18 de novembro profesorado do equipo da biblioteca do CIFP Compostela, asistimos á xornada de formación arredor da banda deseñada no palacio de congresos de Santiago de Compostela. Programa

Magosto contra as violencias machistas

 Participa no magosto o día 17 de novembro, e non deixes de visitar o posto con recomendacións de lecturas da nosa biblioteca que abordan a violencia de xénero xunto con materiais para traballar no camiño da súa prevención.

Encontro con Noelia Míguez

  Charla/coloquio sobre violencia de xénero a cargo de Noelia Míguez alumna do Ciclo superior de Promoción da Igualdade de Xénero e  autora do libro  8 señales Grupos participantes: Persoas en Situación de Dependencia1º (Ciclo Medio) Persoas en Situación de Dependencia 2º (Ciclo Medio) Persoas en Situación de Dependencia MODULAR A (Ciclo Medio) Persoas en Situación de Dependencia MODULAR B (Ciclo Medio) Educación Infantil 2º (Ciclo Superior) Integración Social 1º (Ciclo Superior) Moitas grazas, Noelia!

XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados: A visita

Alumnado do ciclo superior de educación infantil e da FP básica  de artes gráficas tiveron hoxe a sorte de poder compartir impresións coas gañadoras do XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.  PREMIADAS: Núria Figueras, Anna Font (Cataluña). OBRA PREMIADA: A visita. VEREDITO DO XURADO: “A visita” é un álbum ilustrado perfectamente construído que nos achega a un concepto tan abstracto como é o silencio. Nunha sociedade como a actual, saturada de ruído, de contaminación sonora, a reivindicación de momentos de silencio e de soidade é cada vez máis necesaria. O texto de Núria Figueras, de gran calidade literaria, preséntanos a visita do silencio - personificado- á casa onde vive un pequeno raposo. A narración, áxil e tenra, logra que o lector ou lectora se reencontre coa súa propia esencia. O rexistro gráfico de Anna Font é dun cromatismo desbordante e cheo de matices. O silencio móstrase cunha síntese efectiva, plena de expresividade. A ilustradora domina á pe...

Novembro. Mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares

  "A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas". Elena Vázquez Cendón Consulta as recomendacións que temos este mes na biblioteca do CIFP Compostela