Saltar ao contido principal

XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados: A visita


Alumnado do ciclo superior de educación infantil e da FP básica  de artes gráficas tiveron hoxe a sorte de poder compartir impresións coas gañadoras do XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.







 PREMIADAS:
Núria Figueras, Anna Font (Cataluña).
OBRA PREMIADA: A visita.
VEREDITO DO XURADO:
“A visita” é un álbum ilustrado perfectamente construído que nos achega a un concepto
tan abstracto como é o silencio.
Nunha sociedade como a actual, saturada de ruído, de contaminación sonora, a
reivindicación de momentos de silencio e de soidade é cada vez máis necesaria.
O texto de Núria Figueras, de gran calidade literaria, preséntanos a visita do silencio -
personificado- á casa onde vive un pequeno raposo. A narración, áxil e tenra, logra que
o lector ou lectora se reencontre coa súa propia esencia.
O rexistro gráfico de Anna Font é dun cromatismo desbordante e cheo de matices. O
silencio móstrase cunha síntese efectiva, plena de expresividade.
A ilustradora domina á perfección á arte secuencial do álbum e a construción do discurso
narrativo.
“A visita” é un álbum ilustrado con múltiples lecturas.

 Anna Font
Artista vocacional, autodidacta, que se vai iniciar na pintura e no debuxo da man de
Agustí Roca e Núria Balcells. Maís adiante fórmase na Escola de la Dona e no Centro
Universitario de Deseño e Arte de Barcelona (EINA).
Recibiu o Premio de Albúms Ilustrados Vila de Térmens (2021) e o Premio da Crítica
Serra d'Or (2020). Foi seleccionada como finalista na Feira de Boloña durante dous
anos consecutivos, no 2020 e no 2021.
Tamén publicou en prensa para revistas infantís e xuvenís como El Tatano, Cavall
Fort,e Pantera, de Savanna Books. E traballou ilustrando libros escolares e de texto,
para editoriais como Teide e Edelvives.
Compaxina o seu traballo como ilustradora coa docencia, impartindo cursos de
ilustración e obradoiros para escolas, centros cívicos e, na actualidade, dende o seu
propio espazo.

Nuria Figueras
É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autònoma de Barcelona.
Traballou en diversas editoriais e actualmente é a editora da revista infantil El Tatano,
o Cavall Fort dels petits.
Sempre se interesou pola literatura infantil e publicou varios contos para nenos e nenas.
No ano 2002 gañou o premio Mercè Llimona coa obra El senyor Jeroni i les sardines, e
no ano 2003 o premio Comte Kurt con El mitjà. Tamén publicou moitos contos e algunas
poesías na revista El Tatano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                                       BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2025. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día das Bibliotecas 2024

 Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible Microvisitas guiadas à biblioteca do CIFP Compostela  da man do alumnado de XAT 2⁰ curso, módulo comercialización e eventos e profesorado do equipo da biblioteca. Por outros 364 días màis 💥 Moitas grazas pola colaboración, planificación e traballo ben feito!