Saltar ao contido principal

Encontro con Maria da Pontragha

 


"Donas do lugar", é un espectáculo que fala de pequenas revoltas que tuveron que facer as mulleres comúns, intentando resituarse nas súas vidas, reapropiándose das súas vidas e os seus corpos, para poder chegar á sociedade que hoxe temos. 

María da Pontragha é o alcume de María Iglesias, unha educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país.

Encontro dirixido ó alumnado de 

  • Persoas en Situación de Dependencia1º (Ciclo Medio)
  • Educación Infantil 1º (Ciclo Superior)
  • Integración Social 1º (Ciclo Superior)

Comentarios