A alumna de 2º curso de Integración Social, Uxía Barbeito Morono, é a gañadora do concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos. O seu microrrelato, "Tres da mañá" acadou a máxima puntuación. Tres da mañá Escoito gritos, axitación, choros. Levamos neste zulo 10 días, sin apenas nada. Nahid leva de parto 14 horas e eu, unha rapaza de 16 anos, son a única que ofreceu asistila. Non hai auga, non hai toallas, nn sei como facelo. Empezan a falar polo baixo, non creen que sobreviva. Ninguén axuda. Penso na nena que está por nacer, non merece nacer entre escombros, ao frío, sucia. Ninguén o merece. Egoísmo, eso é o que é a guerra. que será de Nahid? De min? De todas as que veñen? Podedes consultar aquí todos os microrrelatos participantes Desde o EDLG e a Biblioteca do CIFP Compostela enviamos os noso agradecemento a todo o alumnado que participou no concurso