Día de Rosalía con Paula Carballeira, premio de Literatura Dramática no CIFP Compostela
Comezamos a xornada na biblioteca con un encontro coa autora, dirixido ó alumnado e profesorado dos clubs de lectura arredor da peza teatral As Alumnas.
A continuación, nun salón de actos ateigado, alumnado de diferentes familias profesionais asistiu á sesión de contacontos " Os contos que me contan"
Na cociña, profesorado e alumnado do ciclo superior de dirección de cociña, estaban a preparar o tradiconal caldo de groria. Alumnado da FP básica de cociña ocupouse do servizo do caldo dun xeito moi profesional.
E non faltou a poesía de Rosalía de Castro
Alumnado da materia de organización de eventos de segundo curso de Xestión de aloxamentos turísticos foi responsable do bo desenvolvemento da xornada
Desde a Biblioteca e o EDLG queremos agradecer a colaboración dos departamentos de hostalería e turismo e servizos á comunidade para facer posible esta xornada
Comentarios
Publicar un comentario