Saltar ao contido principal

Uxía Barbeito gaña o concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos


 

A alumna de 2º curso de Integración Social, Uxía Barbeito Morono, é a gañadora do concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos.

O seu microrrelato, "Tres da mañá" acadou a máxima puntuación. 


Tres da mañá


Escoito gritos, axitación, choros. Levamos neste zulo 10 días, sin apenas nada.

Nahid leva de parto 14 horas e eu, unha rapaza de 16 anos, son a única que ofreceu asistila. Non hai auga, non hai toallas, nn sei como facelo.

Empezan a falar polo baixo, non creen que sobreviva.

Ninguén axuda.

Penso na nena que está por nacer, non merece nacer entre escombros, ao frío, sucia.

Ninguén o merece.

Egoísmo, eso é o que é a guerra. que será de Nahid? De min? De todas as que veñen?


Podedes consultar aquí todos os microrrelatos participantes


Desde o EDLG e a Biblioteca do CIFP Compostela enviamos os noso agradecemento a todo o alumnado que participou no concurso

Comentarios

Publicacións populares deste blog

II Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

                                       BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLITOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega:  31 de Xaneiro do 2025. Presentación:  Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día das Bibliotecas 2024

 Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible Microvisitas guiadas à biblioteca do CIFP Compostela  da man do alumnado de XAT 2⁰ curso, módulo comercialización e eventos e profesorado do equipo da biblioteca. Por outros 364 días màis 💥 Moitas grazas pola colaboración, planificación e traballo ben feito!