Feminismo de proximidade , unha selección de artigos, relatorios, investigacións e proxectos publicados en diversos medios, cun claro fío condutor: a muller e a súa condición. A proposta recolle feitos actuais, repasa aspectos históricos, reivindica accións positivas, fai visibles situacións. Ler este libro é unha viaxe por Pontevedra, Compostela, Madrid, Alacant, Cerdedo ou Alhucemas (Marrocos). Así, en As cidades e o xénero descúbrenos o androcentrismo arquitectónico que leva a deseñar as cidades en función do estereotipo masculino. En Mulleres e represión na Terra de Montes , fai visible os trazos de xénero da represión franquista sobre as mulleres desa bisbarra. En Mulleres no rural ou en As montañas do Rif en feminino trasládanos a vida das mulleres que, malia vivir a miles de quilómetros, teñen eivas similares... Estas páxinas tamén amosan a faceta docente de Lola: dunha banda, como profesora de literatura, achéganos en Unha mulle...