Saltar ao contido principal

Encontro con Lola Varela: Feminismo de proximidade


 Feminismo de proximidade, unha selección de artigos, relatorios, investigacións e proxectos publicados en diversos medios, cun claro fío condutor: a muller e a súa condición. A proposta recolle feitos actuais, repasa aspectos históricos, reivindica accións positivas, fai visibles situacións.
Ler este libro é unha viaxe por Pontevedra, Compostela, Madrid, Alacant, Cerdedo ou Alhucemas (Marrocos). Así, en As cidades e o xénero descúbrenos o androcentrismo arquitectónico que leva a deseñar as cidades en función do estereotipo masculino. En Mulleres e represión na Terra de Montes, fai visible os trazos de xénero da represión franquista sobre as mulleres desa bisbarra. En Mulleres no rural ou en As montañas do Rif en feminino trasládanos a vida das mulleres que, malia vivir a miles de quilómetros, teñen eivas similares...
Estas páxinas tamén amosan a faceta docente de Lola: dunha banda, como profesora de literatura, achéganos en Unha muller do seu tempo a ideoloxía social progresista e reivindicativa de Rosalía de Castro a prol dos dereitos das mulleres; doutra, como docente e feminista, fálanos da necesidade de mudar as formas de relación de dominio patriarcal que non contribúen ao benestar das mulleres e dos homes, da percepción que ten a mocidade sobre a igualdade, a prostitución, a valoración do corpo feminino ou a diversidade sexual e de xénero nas nosas aulas.


Lola Varela (Pontevedra, 1954). Profesora de lingua e literatura castelá, exerceu como docente 38 anos en diferentes lugares de Galicia, do Estado Español, e, ao cabo, en Alhucemas (Marrocos). Ao longo destes anos ocupou diversos cargos directivos.

Vinculada ao Feminismo dende a Universidade en Compostela, sendo una das fundadoras de AUPEPM, Asociación Universitaria para o Estudo do Problema da Muller (1976), non deixou de organizar proxectos de Coeducación, Educación afectivo-sexual e Prevención da violencia de xénero. Colaborou en revistas de pedagoxía, dirixiu grupos de teatro e animou o trabalo interdisciplinar.

Na actualidade escribe en prensa, imparte conferencias e forma parte do grupo impulsor do blog educandoenigualdade.wordpress.com. Segue a participar en colectivos feministas de Galicia, como SoGaSex ou Comando Igualdade, e de Marrocos, como Femmes sans Frontières ou Forum de Femmes au Rif.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día de Rosalía 2024

 Día de Rosalía con Paula Carballeira, premio de Literatura Dramática no CIFP Compostela Comezamos a xornada na biblioteca con un encontro coa autora, dirixido ó alumnado e profesorado dos clubs de lectura arredor da peza teatral As Alumnas . A continuación, nun salón de actos ateigado, alumnado de diferentes familias profesionais asistiu á sesión de contacontos " Os contos que me contan" Ó remate da contada, a autora impartiu un miniobradoiro específico para o alumnado do ciclo de educación infantil sobre a didáctica nos contos tradicionais. Na cociña, profesorado e alumnado do ciclo superior de dirección de cociña, estaban a preparar o tradiconal caldo de groria. Alumnado da FP básica de cociña ocupouse do servizo do caldo dun xeito moi profesional. E non faltou a poesía de Rosalía de Castro Alumnado da materia de organización de eventos de segundo curso de Xestión de aloxamentos turísticos foi responsable do bo desenvolvemento da xornada Desde a Biblioteca e o EDLG queremo...