Saltar ao contido principal

Exposición ¨Nós somos elas " no CIFP Compostela

 

A mostra "Nós somos Elas", da área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda, quere poñer o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polo histórico fotógrafo de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes. Mulleres acompañadas dos seus fillos e fillas son os conxuntos máis repetidos nos 24 retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal, concretamente de José Mª Vidal, da colección permanente do Museo de Mar de Laxe.

Son pezas do pasado e do presente que constrúen un relato diferente, inclusivo, que trae ás mulleres a ocupar o seu lugar na historia, a facelas protagonistas e visibilizalas".

O arquivo está composto por máis de 67.000 imaxes, realizadas dende finais do século XIX ata finais do século XX, polos fotógrafos locais José María Vidal -de quen son a totalidade das imaxes da mostra- e o seu pai Plácido Vidal.

Os Vidal foron retratistas da vida cotiá de Laxe e toda a comarca e non houbo acontecemento social que non pasase polas súas cámaras. Festas, procesións, concentracións deportivas, actos relixiosos, personaxes populares, visitantes ilustres, nada escapou ao seu obxectivo.

O mundo rural e mariñeiro recóllese nas súas instantáneas nas que as mulleres ocupan o lugar de protagonistas en fotografías tiradas no ámbito privado e familiar que son a maior parte das seleccionadas en "Nós somos elas".

Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño son as poetas que participan na mostra, poñendo palabra ás imaxes de José María Vidal.



Na biblioteca do CIFP Compostela preparamos unha exposición complementaria con obras das autoras



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) a proposta da UNESCO

A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema:   "ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL NOS ESPAZOS DIXITAIS: UNHA AXENDA GLOBAL COLECTIVA". Centrarse nos espazos dixitais na edición deste ano da Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional 2023 dará a oportunidade de explorar vías para fortalecer a cooperación multilateral coas plataformas dixitais e outras partes interesadas na integración da alfabetización mediática e informacional nas políticas, operacións e produtos.      Unha axenda global colectiva da que forman parte as bibliotecas escolares que deben , máis que nunca,  reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI. Anímate a participar na semana AMI creando un post, vídeo ou infografía e partilla nas túas redes sociais para crear conciencia da importancia que ten a Alfabetización Informacional.  A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia ampliou o prazo até o día 17 de

Concurso de microrrelatos sobre os conflitos bélicos

  BASES Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión. O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras. Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística. Participantes : Alumnado do CIFP Compostela Lingua : Galega Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024. Presentación: Publicar como comentario nesta entrada do blog indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela. Xurado: O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

Día de Rosalía 2024

 Día de Rosalía con Paula Carballeira, premio de Literatura Dramática no CIFP Compostela Comezamos a xornada na biblioteca con un encontro coa autora, dirixido ó alumnado e profesorado dos clubs de lectura arredor da peza teatral As Alumnas . A continuación, nun salón de actos ateigado, alumnado de diferentes familias profesionais asistiu á sesión de contacontos " Os contos que me contan" Ó remate da contada, a autora impartiu un miniobradoiro específico para o alumnado do ciclo de educación infantil sobre a didáctica nos contos tradicionais. Na cociña, profesorado e alumnado do ciclo superior de dirección de cociña, estaban a preparar o tradiconal caldo de groria. Alumnado da FP básica de cociña ocupouse do servizo do caldo dun xeito moi profesional. E non faltou a poesía de Rosalía de Castro Alumnado da materia de organización de eventos de segundo curso de Xestión de aloxamentos turísticos foi responsable do bo desenvolvemento da xornada Desde a Biblioteca e o EDLG queremo