Únete ao noso curruncho do apalpador! Data: 16-12-2024 Hora: 11:00-18:00 Lugar: Entrada principal do centro Este evento único está organizado por 2º de xestión de aloxamentos turísticos, en colaboración cos 3 ciclos de FPBÁSICA do CIFP Compostela, co obxectivo de promover a solidariedade, o consumo responsable e o apoio a causas que marcan a diferenza. Por que participar? De seguro de que tes roupa no teu armario que agora non utilizas e queremos darte a oportunidade de doala, se asi o desexas, e de adquirir algunha prenda que che guste, todo neste curruncho do apalpador. Ademais, é unha oportunidade perfecta para coidar o planeta apostando pola moda sostible. Que podes atopar? Pezas de roupa de segunda man. Accesorios e roupa para toda a familia. Non esquezas traer as túas propias bolsas reutilizables. Contamos contigo!